"Música e Palabras": unha iniciativa pìoneira na comarca
• Onte celebrouse unha nova sesión na Casa Cultural de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Na noitiña de onte, venres día 6 de marzo, a Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos acolleu unha nova sesión de "Música e Palabras". Un evento creado e impulsado pola devandita comunidade de montes no que como cada primeiro venres de mes xuntouse un grupo de personas, que segundo afirmou José Fernando Martínez Martínez a este cronista "(...) gusta de desfrutar escoitando boa música e poesía en vivo. "Música e palabras" ten futuro. E un agasallo que quedan imitadores na contorna."
E respondendo á convocatoria, ademais da asistencia de persoas veciñas de Camposancos e tamén procedentes doutros concellos da contorna, o acto contou coa participación de María José Baz, coa súa voz e o acompañamento da súa guitarra, así como coa de Manuela Villaverde, María José Alonso, Malula Cendón, Charo Alonso, José Manuel Domínguez, Mario Baró, Franciso Álvarez (Koki), Victoriano Rodríguez,..., que recitaron poemas, poñendo cada interviniente seu gran de area.
E dese xeito, ademais de compartiren uns momentos en harmonía, contribuiron a manter osixenado un espazo de acollida e de boa convivencia. Todo iso - que non é pouco -, nuns tempos nos que uns incualificables están poñendo en grave risco a supervivencia da propia humanidade.
Por iso, beizóns as persoas que manteñen aceso o facho de "Música e Palabras", e longa vida a esa fermosa actividade merecedora de moitos parabens.

Ningún comentario:
Publicar un comentario