AÍ VÉN A FESTIVIDADE DE SAN BIEITO "DO INVERNO"
• Celebrarase o vindeiro sábado, día 21 de marzo de 2026 na igrexa que pertenceu ao mosteiro da Transfiguración do Señor
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Con eucaristías que serán oficiadas o vindeiro sábado, día 21 de marzo, ás 9:00, 10:00, 11:00, 12:00 (solemne) e 18:00 horas, respectivamente, na igrexa que pertenceu o mosteiro da Transfiguración do Señor, de monxas bieitas de clausura - e denominado popularmente como Convento de San Bieito -, fundado o día 5 de agosto de 1557 polos irmáns Ozores e Sotomaior e Maior de Zúñiga, situado fronte a Chan de Conde - predio que foi dos Condes de Priegue -; a vila de A Guarda celebrará a festividade de san Bieito “do inverno”, como se adoita decir tradicionalmente.
En realidade, na festividade de san Bieito xa estaremos na primavera de 2026, que no hemisferio norte comezará o día 20 de marzo ás 15 horas 46 minutos hora oficial peninsular segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible).
Ademáis de estar considerado o Patriarca do monacato occidental, fundador da Orde Bieita e a vez, Padroeiro dos exorcistas; san Bieito conta con numerosos devotos da vila guardesa e de toda a comarca do Baixo Miño. Tanto é así que son moitas as persoas de A Guarda que honran a san Bieito, e fáno en dúas ocasions ó longo do ano. A primeira delas, o 21 de marzo e que se coñece popularmente como a festividade de "San Benitiño do inverno", e a segunda, tén lugar cada 11 de xullo e denomínase "San Benitiño do vrán". En ambas as dúas ocasións, os devotos ofrécenlle ó santo esmolas e exvotos de cera, representando diversos membros (cabezas, extremidades,...) e incruso figuras antropomorfas - que teñen forma ou apariencia humana -, co fin de obter os numerosos beneficios que segundo a fe popular adoita conceder o popular santo, nado no ano 480 nos Montes Sabinos, preto de Roma. Os exvotos están dispoñibles na mesma igrexa de san Bieito, para todas as persoas que desexen mercalos e ofrendarllos ao santo.
Exvotos de cera na igrexa de san Bieito, de A Guarda
A san Bieito atribúenselle poderes curativos de diversas enfermedades, especialmente as espullas e males (psoríase,...) relacionados coa pel. A tradición di que para elimina-las espullas hai que ter fe en san Bieito e botar un pouco de aceite do lampadario do santo, que se distribúe entre seus devotos.
O rematar cada unha das misas, poderase merca-la medalla-crucifixo de san Bieito abade, de orixe moi antiga.
O deseño desa medalla foi fixado polo papa Benedicto XIV. No anverso leva a imaxe de S. Bieito, coa cruz na man dereita e a Regra da Orde Bieita na man esquerda; a súa dereita unha copa de onde fuxe unha cobra (lembranza do viño enveleñado do que se salvou milagrosamente); a esquerda un corvo lévase o pan con veleno. Asemade pode lerse o seguinte texto: "EIUS IN OBITU NOSTRO PRAESENTIA MUNIAMUR" (Que nos defenda na nosa morte coa súa presenza).
E tamén podemos ler: "EX S.M. CASINO MDCCCLXXX" (Do Sacro Monte Cassino 1880). A ambos os dous lados "CRUZ SANCTI PATRIS BENEDICTI" (Cruz do S. Padre Bieito).
"A medalla de san Bieito emprégase - segundo dixo a este cronista unha devota que colabora no coidado e ornato da igrexa - para todas as necesidades espirituais e temporais, a condición que se use con espírito de fe. Esta medalla - que debe ser bendicida por un sacerdote ou por un diácono - é eficaz contra as epidemias, os velenos, algunhas enfermedades especiais e contra os maleficios e as tentacións do demo".


Ningún comentario:
Publicar un comentario