25 de mar. de 2026

A GUARDA

O Concello da Guarda renova gran parte da súa frota de vehículos de servizos municipais  

Reforza e moderniza servizos municipais, de emerxencias, seguridade ou de xestión de residuos  


O alcalde do Concello de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero diante do parque móbil municipal
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O executivo municipal que preside o alcalde Roberto José Álvarez Carrero fixo público no día de hoxe que “o Concello da Guarda completou a primeira fase de renovación da súa frota de vehículos coa adquisición destes para diversos servizos municipais.  

 O obxectivo é mellorar e optimizar os servizos municipais para toda a cidadanía. Deste xeito, os vehículos adquiridos están destinados a diferentes áreas.  

 O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, resalta que “esta primeira fase de renovación da frota dos vehículos municipais permite que estes se adapten ás circunstancias e necesidades actuais”.  

 Durante estes meses adquiríronse dous vehículos renovados para a Policía Local; un remolque lavacontedores e un camión de recollida da fracción orgánica; unha bomba urbana lixeira (BUL) e furgón para o GES; un camión para a realización de traballos eléctricos; e varias furgonetas para o traballo diario dos servizos municipais.  

 Polo tanto, os vehículos destínanse a diferentes departamentos: medio ambiente, obras e reparacións, seguridade, limpeza, ou emerxencias para todo o Baixo Miño. A renovación do parque automobilístico tamén reforza o seu compromiso co medio ambiente con algúns destes vehículos eléctricos”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario