20 de mar. de 2026

OIA

REGUERA VISITA O RECÉN REFORMADO MUIÑO DE REFOXOS E INFORMA SOBRE A NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS A CONCELLOS PARA MELLORA DE RECURSOS TURÍSTICOS  

 A actuación foi posible grazas a unha achega de preto de 30.000 euros da Xunta de Galicia 

 O prazo para solicitar estas axudas está aberto dende o pasado martes 


O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, acompañado pola alcalde de Oia, Cristina Correa, e polo concelleiro de Vías e Obras, José Manuel Rodríguez, visitou o resultado dos traballos de rehabilitación do muíño de Refoxos
Fotos: X. G.

Infogauda / Oia 

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo, visitou esta mañá o resultado dos traballos de rehabilitación do muíño de Refoxos, no concello de Oia. 

 Esta actuación foi posible grazas a unha achega da Xunta de preto de 30.000 euros ao abeiro das axudas destinada á mellora das infraestruturas turísticas en concellos de menos de 10.000 habitantes.  

 Acompañado pola alcaldesa, Cristina Correa Pombal, o delegado comprobou o bo resultado da actuación e lembrou que a nova convocatoria destas axudas está aberta dende o pasado martes. Neste sentido, Reguera explicou que “os proxectos poderán seren subvencionados ata o 100% do orzamento, cun máximo de 30.000 euros por actuación” e asegurou que se trata de una iniciativa que aposta pola “conservación e coidado do patrimonio galego”.  

 Estas axudas permitirán financiar actuacións moi diversas orientadas á mellora e posta en valor dos recursos turísticos locais como embelecemento dos accesos aos recursos turísticos, a recuperación e tratamento paisaxístico das contornas, a iluminación ornamental, a adecuación de aparcadoiros ou a creación de miradoiros paisaxísticos e rutas de sendeirismo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario