O programa de TARDEO ofrece actividades para o ocio da xuventude guardesa
• Realizaranse ata 5 obradoiros gratuítos de música, zumba, cerámica, gancho...
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuventil (OMIX) do Concello da Guarda organiza xunto as asociacións locais a programación do TARDEO, uns obradoiros de actividades gratuítas.
As persoas guardesas poderán elaborar pezas de gancho, boliñas de sementes, pezas de barro,..., e tamén participar nunha clase de zumba ou nun obradoiro de percusión.
Toda esta oferta de obradoiros busca dar diferentes opcións de ocio na Guarda, con actividades relacionadas co traballo manual, a música e a natureza; e coa posibilidade de descubrir novos pasatempos.
Para a primavera de 2026, a programación do TARDEO é:
• Elabora unha peza de gancho: pola Asociación do Traxe Galego, o sábado 11 de abril ás 11:00h. Inscrición: do luns 30 de marzo ao 6 de abril.
• Boliñas de sementes: pola Asociación Foco Europa, o sábado 18 de abril ás 11:00h. Inscrición: do luns 6 ao 13 de abril.
• Embárrate 3.0; pola Asociación Avelaíña, o sábado 16 de maio ás 10:30h. Inscrición: do luns 4 ao 11 de maio.
• Clase de zumba: polo Club de Judo Baixo Miño, o venres 29 de maio ás 18:00h. Inscrición: do luns 18 ao 25 de maio.
• Percusión para sobrevivir ás Festas do Monte: pola Asociación Cultural Xida, o sábado 30 de maio ás 11:00h. Inscrición: do luns 18 ao 25 de maio.
As inscricións e a solicitude de máis información realízanse a través do correo da OMIX, informacion@aguarda.es.
Apuntádevos a desfrutar e probar actividades diferentes na Guarda!

Ningún comentario:
Publicar un comentario