12 de mar. de 2026

A GUARDA

O alcalde explica a situación das obras de mellora do campo municipal de fútbol da Sangriña   


Vista do acceso ao campo municipal de fútbol A Sangriña
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, xunto co concelleiro de Vías e Obras, Isidro Lomba Lorenzo, explica a situación actual do campo de municipal fútbol da Sangriña.  

 "As obras acumulan retraso na súa execución polo incumprimento dos prazos por parte da empresa.  

 O Concello está xa a traballar para subsanar as deficiencias canto antes e poder rematar as melloras da cantina e de acceso."  

 O alcalde pide "desculpas á afección, pais e nais, persoas usuarias e aos equipos de fútbol por toda esta situación".

Ningún comentario:

Publicar un comentario