A unidade móbil de ADOS visitará A Guarda o martes 17 de marzo
• ADOS informa de que continúa con baixas reservas dos grupos A- e 0+
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) regresa o próximo martes 17 de marzo á Guarda.
A unidade móbil estará ese día, de 10:15 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas. Como é habitual, o autobús situarase na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural.
ADOS ten reservas baixas nos grupos A- e 0+.
Ademais, ADOS está a realizar un sorteo de 14 abonos para o Son do Camiño 2026. Pra participar debes doar sangue antes do 31 de maio, mandarlles unha foto doando ao seu Instagram, seguilos e mencionar a dúas amizades.
Recordade que hai uns requisitos mínimos para poder doar, como ser maior de idade e pesar máis de 50 kg.

Ningún comentario:
Publicar un comentario