7 de mar. de 2026

VIGO


Redacción / Vigo

 O Comité de Empresa de BorgWarner, enviou na tarde deste sábado, día 7 de marzo de 2026, á Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, a seguinte nota que reproducimos literalmente:

"Compañeiros e compañeiras:  

 Onte venres as 22:00 horas logo dunha longa xornada de negociación, rematouse o proceso de mediación (AGA) con un acordo entre as partes, un acordo rubricado por tódalas sección sindicais,  no que se acada a meirande parte das reivindicacións plasmadas na declaración de Folga presentada ante a  autoridade laboral o 02 de Marzo do 2026.  

 Polo que o comité de empresa decidiu desconvocar a Folga do 9 de Marzo e as asembleas que se ían celebrar o domingo 8 de Marzo no parque forestal e na cantina de Bw no centro de traballo de  Zamáns.  

 O comité decidiu elaborar e divulgar con urxencia esta comunicación co obxectivo de facela  chegar  canto antes a tódalas persoas traballadoras, polo que pedimos a vosa colaboración para divulgala o maior numero de compañeir@s.  

 A totalidade do  acordo da Mediación AGA será publicado a través dos  habituais canles de información (taboleiro sindical, correos electrónicos, etc...) que utiliza a representación legal de persoas traballadoras, para vosa lectura e no caso de  ter dúbidas, proceder  a aclaralas.  Queremos aproveitar esta nota para trasladarvos a nosa gratitude e satisfacción pola actitude, participación e apoio amosado nas medidas propostas polo comité, sen este esforzo colectivo non seríamos capaces de acadar o conseguido.  

 Agardamos que a dirección faga unha lectura correcta do acontecido neste conflito e cumpra por responsabilidade o  acordado e falado nesta mediación en aras de non vernos inmersos noutro conflito que poda por en risco o marco de relacións laborais e o propio negocio.  

 Queremos aproveitar para facer un chamamento a participación dos distintos actos que se van celebrar polo 8 Marzo “Dia internacional da muller traballadora”


En Vigo a 7 de Marzo de 2026"

Ningún comentario:

Publicar un comentario