11 de feb. de 2026

TUI

O Concello de Tui mantén a recollida de lixo pese as incidencias no transporte ferroviario a SOGAMA

De continuar a situación poderían xerarse retrasos nos próximos días 

 

Neste momentos a recollida do lixo en Tui mantense co baleirado dos contedores
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Tui é un dos concellos afectados polas incidencias rexistradas no transporte ferroviario dos contedores de lixo dende a terminal de Guixar en Vigo até o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda.  

 Neste momentos a recollida do lixo en Tui mantense co baleirado dos contedores pero a situación que se rexistra no transporte de residuos a SOGAMA podería conlevar algún retraso mentres non se normalice a situación.  

 Para garantir o servizo o Concello de Tui está a trasladar directamente a SOGAMA o lixo recollido nos camións, co conseguinte incremento económico, e grazas ao esforzo e implicación dos traballadores.   

 Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración do persoal municipal e solicítase comprensión á veciñanza se nos próximos días, non se puideran baleirar os contedores, mentres non se normalice a situación no transporte até SOGAMA.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario