26 de feb. de 2026

TOMIÑO

INAUGURADO O CLUB DE LECTURA ISAURA GÓMEZ 

O primeiro da biblioteca municipal de Tomiño, dirixido a público adulto




Club de Lectura Isaura Gómez / Tomiño

 O pasado mércores 25 de febreiro inauguramos ás 20:30h o Club de Lectura Isaura Gómez, o primeiro da biblioteca municipal de Tomiño, dirixido a público adulto.  

 Nesta presentación, explicamos un pouco como vai ser o funcionamento do club, rematamos de completar as prazas que quedaban dispoñibles, contando cun total de 23 integrantes, e anunciamos e repartimos entre os nosos participantes a que vai ser a nosa primeira lectura: A miña planta de laranxa lima, de Jose Mauro de Vasconcelos.  

 Os integrantes poderán desfrutar destas reunións mensuais de maneira gratuita, ademáis de levar en préstamo cada unha das lecturas, que son proporcionadas por parte do Espazo Isaura Gómez aos nosos usuarios durante os 30 días previos ás sesións.  

 Reunirémonos os últimos mércores de cada mes, ás 20:30, para falar da lectura, compartir opinións, debatir en torno aos temas que trate, e sobre todo, facer comunidade. Estas primeiras sesións van ser dirixidas por Andrea, da librería Libraida, ubicada en Gondomar, que conta cunha gran experiencia na orientación de clubes de lectura.  

 Esta primeira etapa do Club de Lectura Isaura Gómez durará ata o verán, rematando as nosas reunións en xuño, para voltar en setembro con novas inscricións e máis prazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario