26 de feb. de 2026

O ROSAL

BINGO BENÉFICO AMDOR

 O evento desenvolverase o domingo, 1 de marzo, ás 17:00 horas, no Auditorio do Rosal, e está aberto a toda a veciñanza e persoas que desexen colaborar co proxecto “Camiño a Kerkrade”




Infogauda / O Rosal 

 A Agrupación Musical do Rosal celebrará este domingo un bingo solidario co obxectivo de recadar fondos para o proxecto “Camiño a Kerkrade”, unha iniciativa que busca apoiar a participación da banda no Mundial de Bandas que terá lugar en Kerkrade (Países Baixos). 

 O evento desenvolverase o domingo, 1 de marzo, ás 17:00 horas, no Auditorio do Rosal, e está aberto a toda a veciñanza e persoas que desexen colaborar con esta causa cultural.  

 A entidade propón unha tarde lúdica e solidaria, con importantes premios e diferentes oportunidades para gañar:  

 Cartóns a 1 euro (co primeiro cartón de balde)  

 Dúas liñas por cada bingo  

 Sorteos adicionais entre as persoas participantes  

 Ademais, para facilitar a asistencia das familias, contarase cun servizo de monitores para menores de idade.  

 Desde Amdor animan á cidadanía a participar nesta cita solidaria e a apoiar á banda neste reto internacional, que supón unha oportunidade única para levar o nome do Rosal ao ámbito musical mundial.  

 Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa organización a través das canles habituais da Amdor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario