13 de feb. de 2026

DEPORTES

FÚTBOL 

1ª Autonómica Grupo 6

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ A A. D. VILA DO CORPUS

 Este sábado, 14 de febreiro, ás 17:30 horas, no Estadio municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Esta fin de semana disputarase á xornada 22ª da 1ª Autonómica Grupo 6, de fútbol. Dese xeito, este sábado, 14 de febreiro, ás 17:30 horas, no Estadio municipal A Sangriña, o Sporting Guardés enfrontarase a A. D. Vila do Corpus.
 
 O equipo de A Guarda, que na xornada 20ª foi derrotado (1-3) no seu feudo polo Gondomar C.F.,  e a pasada semana logrou impoñerse (1-2) ao Domaio C.F.; atópase a día de hoxe, situado no chanzo 4º da táboa clasificatoria, con 44 puntos, por diante do conxunto da A.D. Vila do Corpus.

 O equipo visitante, que nas dúas xornadas precedentes colleitou un empate (2-2) no campo da UVCD Candeán, e unha vitoria (3-1) no seu feudo, fronte ao Tomiño C.F., respectivamente, está no posto 5º con 42 puntos.

 No que respecta a goles, o Sporting Guardés contabiliza 48 a favor e 29 en contra, e a A.D. Vila do Corpus, 46 favor e 22 en contra. 

 Non hai, daquela, diferencias de calado entre un e outro equipo. Dese xeito, o encontro deste sábado pode rematar como lles gustaría aos seareiros do Sporting Guardés, cunha vitoria, ou pode que o trunfo anóteo o equipo do Condado. En calquera caso, gañe quen gañe, será un partido de poder a poder.  

AXENDA DO SPORTING GUARDÉS PARA ESTA FIN DE SEMANA



Ningún comentario:

Publicar un comentario