13 de feb. de 2026

A GUARDA

O Entroido trae á Guarda unha programación enfocada nos máis pequenos  

O desfile escolar de Entroido ten nova data: 20 de febreiro  




Infogauda / A Guarda 

 No día de hoxe, venres, 13 de febreiro de 2026, o Concello de A Guarda fixo pública á seguinte nota de prensa:

 "Agora si! Xa temos confirmada toda a programación do Entroido na Guarda.   

 O sábado 14 haberá festa de Entroido con djs, desde as 23:00h, que dará comezo á programación na Alameda da Guarda. As seguintes tardes os nenos e nenas serán os protagonistas.  

 Na tarde do domingo 15, a partir das 17:00h a Alameda terá casetas de xogos populares para desfrutar o Entroido en familia. Ademais, celebrarase a festa “O Entroido no mundo”, con globoflexia, obradoiro de antefaces, bailes e xogos musicais que farán un repaso polos diferentes entroidos do mundo.  

 O luns e martes de Entroido continuamos coas tardes en familia. O luns 16 continuamos con xogos tradicionais a partir das 17:00h e co show “O autoestopista intergaláctico” ás 17:30h, onde se mestura ciencia ficción, clown e transformismo e que precisará a participación do público.  

 Para o martes de Entroido o desfrute en familia está garantido coa “Pequedisco Moc Moc & remember temazos 90-2000”, con Mereclown. Neste show non só haberá música, senón tamén clown e animación infantil e familiar que fará desfrutar a todo o público.  

 O Desfile Escolar celebrarase finalmente o venres 20 de febreiro. Preto de 450 nenos e nenas sairán ás rúas a partir das 11:30h para amosar os seus mellores disfraces. O percorrido comezará na Alameda e rematará no inicio da rúa Galicia (O Galo). Neste desfile tamén participarán os grupos de gaitas da 3ª Idade e do centro Social Fuscalho.  

 Esa mesma tarde sairá o Desfile de Entroido, ás 20:30h da rúa Porto Rico (Esquina Famosa) e percorrerá a rúa Galicia ata rematar na Alameda. Alí a festa continuará con animación musical e festa.  

 Para rematar o Entroido na Guarda, celebraremos o sábado de piñata con festa a cargo de djs a partir das 22:00h."

Ningún comentario:

Publicar un comentario