24 de feb. de 2026

A GUARDA

O Concello de A Guarda organiza un novo obradoiro de cerámica  

 Desenvolverase en dúas sesións, os sábados 7 e 14 de marzo de 10:00 a 13:00 horas

 



Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello da Guarda organiza para o mes de marzo un obradoiro de cerámica, nesta ocasión para elaborar pezas con estampación botánica.   

 As persoas participantes aprenderán as técnicas básicas utilizadas en cerámica e así realizar cada unha a súa propia peza. O obradoiro desenvolverase en dúas sesións, os sábados 7 e 14 de marzo de 10:00 a 13:00 horas.   

 Para inscribirse e/ou informarse as persoas interesadas deberán escribir ao correo electrónico da OMIX informacion@aguarda.es deixando todos os datos de contacto. As prazas son limitadas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario