O Concello da Guarda mellora o Transversal A Carreira
• A obra consistiu no asfaltado e na mellora da tubaxe de auga e de pluviais
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro Óscar Alonso Álvarez, xunto a Esteban Vicente Rodríguez, veciño de A Gándara, nun momento da visita ao Transversal A Carreira, logo de remataren ás obras realizadas
Fotos: C.A.G.
Vista parcial do Transversal A Carreira
Infogauda / A Gándara (Salcidos)
O Transversal A Carreira (A Gándara) atópase totalmente renovado. O camiño asfaltouse, evitando a formación das grandes fochancas que as continuas chuvias poden causar.
Ademais, completouse a renovación con nova tubaxe para o servizo de auga e para as augas pluviais.
Esta intervención contou cunha subvención de máis de 41.000€ dentro do Plan Camiña Rural.

.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario