29 de xan. de 2026

O ROSAL

Reunión informativa sobre estudos musicais profesionais no Auditorio do Rosal

 Luns, 2 de febreiro de 2026, ás 19:30 h no Auditorio do Rosal



 
 

Agrupación Musical do Rosal

 O vindeiro luns, 2 de febreiro de 2026, ás 19:30 horas, terá lugar no Auditorio do Rosal unha reunión informativa dirixida a todas aquelas familias e persoas interesadas en dar o seguinte paso nos seus estudos musicais e continuar a súa formación de grao profesional.  

 Esta reunión está especialmente diseñada para resolver dúbidas sobre o acceso a estudos profesionais de música e explicar o proceso das probas de acceso ao centro. Está destinada tanto para novo alumnado que desexe iniciar o 1º curso de Grao Profesional como a aqueles interesados en incorporarse a cursos intermedios (2º, 3º, 4º ou 5º).  

 A iniciativa ten como obxectivo proporcionar información clara e directa a toda a poboación da contorna sobre as posibilidades de continuar formándose musicalmente. Unha oportunidade para aclarar dúbidas e coñecer máis de preto o proceso de ingreso e as vantaxes de continuar a formación musical.   

Data: Luns, 2 de febreiro de 2026  

Hora: 19:30 h  

Lugar: Auditorio do Rosal  

CEMU PROFESIONAL AGRUPACION MUSICAL DO ROSAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario