16 de xan. de 2026

DEPORTES

FÚTBOL

Primeira Galicia 1ª FUTGAL - Grupo 6

O Sporting Guardés recibirá ao Caselas F.C.

   Este domingo, 18 de xaneiro, ás 16:30 horas, no Campo Municipal A Sangriña



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Este domingo, 18 de xaneiro de 2026, ás 16:30 horas, no Campo Municipal A Sangriña, dará comezo un encontro de fútbol entre o Sporting Guardés e o Caselas FC.

 O conxunto local, que na xornada precedente logrou unha vitoria (3-1) fronte a U.D. Mos, atópase situado a día de hoxe, no posto 3º da táboa clasificatoria, con 35 puntos.

 Pola contra, o equipo visitante, que na xornada 17, perdeu (2-1) fronte ao Tomiño, F.C., no Campo do Alivio, está no posto 16º - en posición de descenso -, conta con 16 puntos.

 Esas diferencias entre o Sporting Guardés e o Caselas F.C., son ben indicativas do labor que ata agora, no que vai de liga, ten realizado cada equipo. En calquer caso, o equipo de A Guarda non deberá dar por feito nada, xa que as confianzas - tamén no deporte - poden xerar situacións nada agradables. 

 O que toca é traballar do mellor xeito posible e loitar por amarrar os puntos en xogo.

 Como queira que o Caselas F.C. chegará á Sangriña coa mellor disposición para procurar "rascar" algo positivo, unha vez máis exhortamos aos afeccionados do Sporting Guardés para acudiren a animar ao seu equipo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario