FÚTBOL
1ª
Autonómica Grupo 6
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO GONDOMAR C.F.
• Este domingo, día 1 de febreiro, ás 16:30 horas, no Estadio municipal A Sangriña
O Estadio municipal A Sangriña acollerá este domingo, día 1 de febreiro, ás 16:30 horas, un importante encontro de fútbol, entre os equipos Sporting Guardés e Gondomar C.F., 2º e 3º respectivamente, na táboa clasificatoria.
O conxunto visitante, ten 39 puntos, logrados en 12 vitorias e 3 empates.
O conxunto local, contabiliza 41 puntos, obtidos en 13 xornadas vitoriosas e 2 con resultado de empate.
Tanto un como outro equipo, coñeceron á derrota en 4 ocasións, no que vai de liga.
As diferencias son, como pode apreciarse, mínimas. Especialmente se observamos o número de goles de cada equipo: o conxunto do Val Miñor marcou 52 goles e encaixou 20; e o conxunto do Baixo Miño, marcou 45 goles e encaixou 25. Dese xeito, a diferencia é favorable ao Gondomar C.F..
Todo iso, pode darnos unha idea do potencial de cada equipo, de tal xeito que tanto os xogadores visitantes como os locais son conscientes de que o tempo de xogo deben aproveitalo deportivamente da mellor maneira para tentar alzarse coa vitoria. Os de A Guarda, para manter o chanzo actual e os de Gondomar para aspirar a poder gabear ata o 2º posto da táboa, ou cando menos para non baixar do chanzo actual.
Con eses vimbios, os seareiros dun e doutro equipo, terán oportunidade - se a climatoloxía non o impide - de gozar dun partido de fútbol de sa rivalidade comarcal, no que a vitoria final pode lograla calquera dos dous equipos, que son, por certo, vellos coñecidos na competición ligueira.
Calendario das demais categorías do Sporting Guardés para esta fin de semana


Ningún comentario:
Publicar un comentario