O albergue municipal de peregrinos reabrira este venres 16 de xaneiro
Vista da porta de acceso ao albergue municipal de peregrinos da Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda fixo público que o albergue municipal de peregrinos reabrirá este venres 16 de xaneiro. Dese xeito, volve á súa actividade habitual tras permanecer un mes pechado.
Durante ese tempo fixéronse labores de mantemento, aproveitando a baixada do fluxo de peregrinos nestas datas de Nadal e tempo meteorolóxico complexo.
O albergue de peregrinos ten un horario de luns a domingo de 14:00 a 20:30h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario