O alcalde da Guarda recibe a Helena Alonso tras o remate da rodaxe do seu documental “Entre o mar e terra”
• Que está realizado por estudantes do CIPF A Farixa e con protagonismo de persoas guardesas
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Na tarde de onte xoves, 29 de xaneiro, o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, recibiu a Helena Alonso.
Helena encabeza un grupo de seis estudantes do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa de Ourense para a realización dun documental que leva por título “Entre o mar e terra”.
“Entre o mar e terra” estivo gravándose durante esta semana na Guarda e pon o foco na memoria mariñeira da nosa vila, establecendo un diálogo e comparativa coa realidade actual.
Aínda que o “o relato se constrúe desde a experiencia do meu avó”, conta Helena, trátase dunha “historia compartida da nosa costa e, en xeral, de toda a Galicia mariñeira”. Helena e todo o equipo están moi contentos co resultado da rodaxe e con toda a axuda recibida, tamén do propio Concello.
O alcalde aproveitou a ocasión para “pedir facer a estrea na Guarda para que todos os guardeses e guardesas podamos desfrutar deste documental”.
Qué ganas!

.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario