6 de dec. de 2025

TUI

Tui celebrará a súa I Papanoelada Moteira o domingo 14 de decembro

  Para participar so é necesario doar un quilo de alimentos en favor de SOS Tomiño Baixo Miño na saída  




Infogauda / Tui

 Papa Noel chegará a Tui sobre dúas rodas o domingo, 14 de decembro. O Concello de Tui organiza a I Papanoelada Moteira en colaboración con As Rutas de Suso. En caso de choiva aprazaríase para o domingo 21.  

 Agárdase que máis de 200 persoas participen nesta iniciativa ataviadas de Papa Noel e levando a maxia do Nadal tanto ao centro urbano coma a todas as parroquias tudenses. Sairá ás 16 h do Paseo da Corredoira para facer un percorrido de 45 quilómetros por todas as parroquias tudenses pasando por Caldelas, Baldráns, Paramos, Guillarei, Ribadelouro, Rebordáns, O Anxo, Pazos de Reis, Randufe, Malvas, Pexegueiro, Areas, para volver de novo á Corredoira.   

 A actividade está aberta a calquera piloto, sempre que acuda disfrazado de Papá Noel. Para participar so é necesario doar un quilo de alimentos en favor de SOS Tomiño Baixo Miño no momento de saída da ruta.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario