4 de dec. de 2025

A GUARDA

A axenda de Nadal trae á Guarda unhas xornadas de festa pensadas para desfrutar en familia  

 A programación de Nadal promete música, baile, obradoiros e sobre todo, bos momentos




Infogauda / A Guarda

 Xa recende a Nadal! Co mes de decembro chegan as ganas de desfrutar estas festas tan especiais, por iso, este ano o Concello de A Guarda presenta unha programación pensada especialmente para as familias.  

 O Nadal comezará este venres co acendido da iluminación das rúas, mais, debido á alerta amarela activada, non se celebrará a cerimonia especial cos actividades de animación infantil e o pasacalles. Estas actividades moveranse para outra data na que sexa posible e que serán aunciadas con antelación nas redes sociais do Concello de A Guarda.  

 Esta programación de Nadal promete música, baile, obradoiros e sobre todo bos momentos para desfrutar toda a familia. A próxima semana segue co espectáculo Cabaret Bar e o cinema “A herdanza”.  

 Será para a semana seguinte, co remate das clases cando arranque unha programación sen tregua. Eses días estarán marcados pola música co concerto de Nadal do conservatorio; o concerto de Wonder Covers; o concerto de panxoliñas; e o festival de baile de Attitude.  

 O luns 22 visitaranos Papá Noel e o Grinch, e continuarase con actividades para nenos como o espectáculo infantil “Historias para escagarriñarse”, un obradoiro de cociña infantil e o concerto en familia “Terapia de grupo kids”. Antes de rematar o ano tamén se celebrará a tradicional carreira de San Silvestre.  

 O ano 2026 comeza tendo aos nenos como centro das actividades co espectáculo “Moby Dick” e con Peter Punk cun obradoiro de circo e o espectáculo “Un Nadal chungo que te cagas”

 Finalmente, o luns 5, os Reis Magos visitarán A Guarda cunha cabalgata e a posterior recepción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario