FÚTBOL
COPA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O SPORTING GUARDÉS ENFRONTARASE AO TOMIÑO F.C.
O domingo, 4 de xaneiro de 2026, ás 16:30 horas, no Campo Municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Aproveitando o descanso da competición de liga, este domingo, día 4 de xaneiro de 2026, ás 16:30 horas, no Campo Municipal A Sangriña, o Sporting Guardés e o Tomiño, F.C. disputarán un encontro correspondente a Copa Deputación de Pontevedra.
Será unha contenda deportiva a partido único, con entrada de balde para todos os públicos.
Como queira que tanto o Sporting Guardés como o Tomiño, F.C. militan na 1ª Autonómica Grupo 6, son dous equipos que se ceñecen ben, o encontro ten todos os ingredientes para que os seareiros de ambos os dous conxuntos gocen do partido.
A día de hoxe, o conxunto de A Guarda atópase no 5º posto da táboa clasificatoria e o Tomiño, F.C. no 15º. Con todo, do nivel deportivo de ambos os dous equipos, pode ser boa mostra que na xornada 15ª da devandita liga - 1ª Autonómica Grupo 6 -, no encontro disputado o domingo 14 de decembro de 2025, no Campo Municipal do Alivio, o Tomiño, F.C. perdeu 0-1. Con ese dato tan soio queremos salientar que no fútbol non hai que dar nada por sentado, e que neste tipo de encontros o factor sorpresa pode darse.
Dese xeito, se o Sporting Guardés quer continuar na competición da Copa Deputación, os seus xogadores xa saben o que teñen que facer. Gañar o partido. Todo o demais son verbas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario