30 de dec. de 2025

A GUARDA

Co espectáculo Moby Dick arrancará a actividade cultural guardesa do 2026  

• O venres, 2 de xaneiro, ás 17:30h na praza Avelino Vicente




Infogauda / A Guarda

 O venres, 2 de xaneiro de 2026, chegará á praza Avelino Vicente un espectáculo moi novidoso: “Moby Dick”.  

 Esta é unha proposta de teatro para público familiar creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriteiro Iker Pérez.   

 Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun baleeiro no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.  

 Desde o Concello de A Guarda convidan "a desfrutar desta historia". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario