27 de nov. de 2025

VIGO

A  CIG-Industria  ten  convocada unha  manifestación  en defensa do sector galego da automoción

  Este venres, 28 de novembro, ás 11:00 horas, dende o Camiño do Caramuxo, 37, Vigo (empresa Akwel)


Infogauda / Vigo 

 A  CIG-Industria  ten  convocada para este venres, 28 de novembro, ás 11:00 horas, dende o Camiño do Caramuxo, 37, Vigo (empresa Akwel), unha  manifestación en defensa do sector galego da automoción, para demandar actuacións urxentes ante o avance imparable da crise na industria do automóbil, que  está  a  provocar  despedimentos  constantes  e  paradas  na produción, cos conseguintes ERTE. 

 Fronte a isto, a central sindical reclama unha política industrial de país que garanta un sector da automoción con futuro e cunhas condicións laborais dignas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario