7 de out. de 2025

OIA

O PSdeG-PSOE de Oia felicita ao veciño Manu López polo seu regreso e compromiso solidario

 

Manu López


Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia

 Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia queremos expresar a nosa máis sincera felicitación e recoñecemento ao veciño Manu López, quen formou parte da flotilla solidaria Rumbo a Gaza e regresou onte tras ter estado detido en Israel. 

 Dende o PSdeG-PSOE de Oia queremos poñer en valor o seu compromiso coa defensa dos dereitos humanos e coa causa humanitaria, así como a súa valentía ao participar nunha acción internacional que busca visibilizar e contribuír a aliviar a difícil situación que vive o pobo palestino. 

 Celebramos o seu regreso san e salvo e sentimos orgullo por contar no noso concello con persoas comprometidas coa xustiza, a solidariedade e a paz. 

 Benvido de volta, Manu, e grazas polo teu exemplo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario