Novo punto de información do contedor marrón
• Este xoves, 9 de outubro, a partir das 16:00 horas, na praza de Avelino Vicente, instalarase un punto de información sobre o contedor marrón
Infogauda / A Guarda
Este xoves 9 de outubro, a partir das 16:00 horas, na praza de Avelino Vicente, instalarase un punto de información sobre o contedor marrón. As persoas interesadas poderán acudir a este punto para informarse sobre o uso do contedor, a solicitude de chaves, etc.
Ademais, porase a disposición información sobre os novos composteiros e as novas biotrituradoras que o Concello de A Guarda adquiriu coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para la Transición Ecológica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.
Esta acción continúa a campaña de información do contedor marrón que comezou a finais de setembro cun punto de información na Alameda, charlas nos colexios e visitas a establecementos e casas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario