25 de out. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda organiza o roteiro “Noite Meiga” para celebrar un Samaín para todas as idades   

O roteiro partirá da praza de Juan Bautista Alonso Español (Monterreal) para rematar na praza do Reló  




Infogauda / A Guarda

 Xa hai plan para este Samaín na Guarda. O Concello de A Guarda organiza para o venres 31 un roteiro co nome de “Noite Meiga”.  

 Ao longo do roteiro diferentes personaxes tratarán de convencer aos participantes de que son a mellor opción para reinar nas forzas escuras do mal durante o próximo milenio. O percorrido partirá da praza de Juan Bautista Alonso Español - coñecida popularmente como Monterreal - e alí mesmo será o punto de inscrición a partir das 17:30h.  

 Durante a tarde irán saíndo os diferentes grupos que se vaian formando, que serán como máximo de 12 persoas. Ademais, os grupos nas que haxa crianzas deberán contar con alomenos un adulto responsable. Os participantes deben ser maiores de 7 anos.  

 Na praza do Reló tamén teremos un obradoiro de chapas para que todos poidan elaborar coas súas mans un recordo desta tarde de Samaín. O obradoiro realizarase de 18:00 a 20:30h e non precisa inscrición. 

 En caso de chuvia, estas actividades trasladaranse ao Centro Cultural.  

 Esta actividade está organizada polo Concello de A Guarda e conta co apoio do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario