‘Miranda Jacobea’ elixe A Guarda como invitada para a súa primeira edición
• Esta iniciativa dará a coñecer esta fin de semana, os diferentes camiños en Miranda de Ebro
Infogauda / A Guarda
Desde hoxe ata o domingo, Miranda de Ebro (Burgos) acolle a primeira edición de “Miranda Jacobea, punto de encuentro en el Camino”. Para este evento, A Guarda foi o concello escollido para representar o Camiño Portugués pola Costa.
Organizado pola Asociación Amigos del Camino de Santiago de Miranda, o evento contará cun amplo programa de actividades con exposicións, obradoiros, ruta guiada, actuacións folclóricas, mercado...Nel, A Guarda contará cun posto turístico para promocionar a vila como primeiro municipio galego da ruta do Camiño Portugués pola Costa.
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, cree que “con estes eventos, danse a coñecer as diferentes rutas e experiencias que ofrece o Camiño de Santiago”. “En breve, superaremos as cifras do Camiño Portugués; no 2025 xa superamos as cifras do ano pasado con máis de 86.000 peregrinos”, comparte o alcalde. .jpg)
Información do evento, publicado en El Correo, o 22 de outubro de 2025
Algúns medios locais e comarcais de Miranda de Ebro xa se fixeron eco da participación da Guarda en “Mirada Jacobea, punto de encuentro en el camino”.


Ningún comentario:
Publicar un comentario