A Asociación de redeiras do Baixo Miño Atalaia organiza un obradoiro
• Sobre a evolución do sector pesqueiro na Guarda, en clave social, económica - produtiva e cultural
Asociación de redeiras do Baixo Miño Atalaia / A Guarda
Dende a Asociación de redeiras do Baixo Miño Atalaia, estamos a desenvolver o proxecto ATADEIRAS. No marco deste proxecto, gustaríanos convidaros a participar dun obradoiro sobre a evolución do sector pesqueiro na Guarda, en clave social, económica - produtiva e cultural, entre outras dimensións.
O obradoiro terá lugar na nave de redes, o vindeiro luns 6 de outubro entre as 17.30 e as 20 h. Por motivos de organización, agradecemos confirmación de asistencia ao enderezo ana.gonzalez@cidadania.coop, ou no teléfono 627 096 062.
Ningún comentario:
Publicar un comentario