2 de ago. de 2025

BAIONA

CAÍNO VASCONCELLOS E CARLOS PADÍN: DÚAS MIRADAS Á ARTE 

 Expoñen todo o mes de agosto no Liceo Marítimo de Baiona



Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona

 Dous artistas - Caíno e C. Padín -, amosan ao longo deste mes de agosto, no Liceo Marítimo de Baiona, dous xeitos de crear. Dúas formas de combinar cores, figuras, lugares, momentos, sensacións,... 

 Caíno e Carlos Padín son dous artistas de longa traxectoria creativa e amplo ronsel expositivo. Dous seres humanos que conciden no seu respectivo compromiso pola arte, á beleza e a amizade.

 Por iso, achegarmos ao Liceo Marítimo de Baiona é, con certeza, unha proposta para o goce contemplativo, ollando os feitíos, as cores, as técnicas, as temáticas,..., das obras pictóricas que Caíno e Carlos Padín crearon de xeito independente, e que nos ofrecen nestes días de verán na fermosa vila mariñeira e cosmopolita de Baiona, coñecida en tempos antigos como Erizana.

 Caíno e C. Padín: dúas miradas á arte. Unha exposición moi atraente e inspirada.

Dúas miradas á arte

Agosto, 2025

Liceo Marítimo de Baiona

Rúa Laureano Salgado, 23 (Baiona)

Horario: de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 23:00h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario