Un centenar de persoas descubriu o mosteiro de Sanfins, en Valença do Minho
• A visita inclúese no ciclo “Coñece o noso patrimonio” que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui
Infogauda / Tui
Éxito na cuarta visita do ciclo “Coñece o noso patrimonio”, organizado polo Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui. Un centenar de persoas descubriron este martes a historia e os segredos que agocha o mosteiro de Sanfins na Uniâo de Freguesías de Gondomil e Sanfins, en Valença do Minho.
Durante unha hora de visita, o historiador valenciano Narciso Serra guiou un percorrido por este mosteiro, que é un dos exemplos máis salientables do románico de Portugal, monumento nacional dende 1910.
As persoas que participaron na actividade puideron observar as súas estruturas e formas medievais case intactas, e o seu gran repertorio escultórico figurado, presente especialmente na cabeceira e nos canzorros das cornixas.
Un gran éxito nesta cuarta visita do programa “Coñece o noso patrimonio”, que continuará con outras dúas propostas:
O martes, 12 de agosto, ás 20.30h será “A escultura románica e gótica na catedral de Tui” a cargo de Marta Cendón.
Mentres o martes 29, ás 20.30h, dende o adro de San Telmo partirá a visita guiada por José Ramón Fernández á igrexa de San Telmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario