6 de xuño de 2025

A GUARDA

Costa da Morte, historia dun naufraxio 

 Éxito na estrea na vila de A Guarda, da nova obra de Mariña Lestón 


Un momento da representación de Costa da Morte, historia dun naufraxio no Centro Cultural de A Guarda
Foto: C.A.G.
  

Infogauda / A Guarda

 Na tarde de onte xoves, o Centro Cultural de A Guarda acolleu a estrea do novo proxecto teatral de Mariña Lestón: Costa da Morte, historia dun naufraxio. 

 Ao remate da función, o público posto en pé,  aplaudiu ao longo de varios minutos, o labor realizado pola actriz, así como polo equipo técnico da obra, que comezou onte na Guarda a súa xira por Galicia.  

 A obra centrouse sobre a vida no mar, ou máis ben, a dureza da vida en terra para as familias que viven os naufraxios, das cales, son tamén vítimas. A través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo, a obra transportou aos asistentes a esas vidas truncadas pola dureza do mar.   

 Historias sobre naufraxios na Costa da Morte coas que poder viaxar na memoria do tempo e das persoas, lembrando ás persoas que hoxe xa non nos poden acompañar, e poñendo en valor tamén, os que quedaron en terra: as viúvas, os orfos, as persoas que socorren... Para que as súas historias non caian no esquecemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario