FÚTBOL
1ª Autonómica Grupo 6
O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ A S.C.D. MILAGROSA
• Este domingo, 4 de maio, ás 17:30 horas, no Campo Municipal de A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Liga da 1ª Autonómica Grupo 6, está no seu tramo final. Este domingo, día 4 de maio, ás 17:30 horas, no Campo Municipal de A Sangriña, o Sporting Guardés e o equipo da S.C.D. Milagrosa, disputarán á xornada 33.
O Sporting Guardés, con 56 puntos, está situado na 4ª praza. Non corre ningún perigo. A falta de dúas xornadas para que remate a Liga Autonómica Grupo 6, o equipo ten os deberes feitos.
Pola súa banda, o equipo da S.C.D. Milagrosa, con 35 puntos, atópase na 15ª posición, tan soio un chanzo por riba do Erizana, C. F. que - xunto co Santa Mariña e o C.D. Arenteiro B -, atópase en posición de descenso.
Dese xeito, no encontro deste domingo, o Sporting Guardés debera procurar quitarse á espiña do 6-0 do pasado domingo no feudo do Alertanavia. Demasiados goles para un encontro nesta categoría, especialmente se temos en conta que no partido de ida, disputado o pasado 15 de decembro, no Campo Municipal de A Sangriña, o Sporting Guardés logrou a vitoria (3-0).
Polo demais, no que respecta ao encontro deste domingo, quen deberá procurar lograr algo positivo é o equipo da S.C.D. Milagrosa. Dos seus xogadores vai depender, e obviamente do labor que o Sporting Guardés realice, na que será á penúltima xornada da competición.
A Liga rematará o domingo día 11 de maio, data na que o Sporting Guardés desprazarase ao feudo do Domaio C.F., situado no 14º posto da táboa clasificatoria.
En calquera caso, o máis inmediato é o encontro deste domingo, no municipal de A Sangriña, en cuxas bancadas estarán os seareiros do Sporting Guardés para animar a seus xogadores a que realicen o mellor xogo posible, e dese xeito ofrecer unha boa despedida diante do respectable público de A Guarda e súa contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario