11 de mar. de 2025

TOMIÑO

Mocidade tomiñesa vai representar este sábado unha obra teatral na praza do Seixo que convidará ao público a participar 

 Despois da representación, que terá unha duración aproximada de 30 minutos, terá lugar un encontro-debate co elenco, no salón de pñlenos do Concello




Infogauda / Tomiño 

 Este sábado pola mañá, terá lugar na praza do Seixo, unha representación teatral moi especial e rompedora na que participa mocidade tomiñesa.  

 Un accidente de coche. Unha viaxe interrompida. Varios puntos de vista. “Todo o que pode pasar de aquí a Vila Nova” é unha peza de teatro na que o público poderá refacer o quebracabezas dun suceso que aconteceu na praza do Seixo, sendo testemuña das súas causas e consecuencias. Trátase dun relato caleidoscópico que convida o público a xuntar os distintos fragmentos desta historia, presentada por un grupo de intérpretes da comarca do Baixo Miño de entre 18 e 25 anos.  

 Despois da obra, que ten unha duración aproximada de 30 minutos, terá lugar un encontro-debate co elenco, no salón de plenos do Concello, no que o equipo compartirá cales foron os puntos de partida para esta creación teatral e como a mesma reflicte a situación da mocidade da comarca.  

SÁBADO 15 DE MARZO  

PRAZA DO SEIXO  

11.00h: Teatro na rúa  

11.40h: Debate (salón de plenos)  

12.00h: Aperitivo

Ningún comentario:

Publicar un comentario