O Concello de A Guarda recibe á promesa galega do atletismo Álex Sierpes
• Que vén de proclamarse campión de España Sub-18 nos 3.000 metros baixo cuberta
Infogauda / A Guarda
O salón de plenos do Concello de A Guarda quedouse pequeno ante a cantidade de amigos, familiares e ex-compañeiros que quixeron acompañar a Álex Sierpes Pereira, na recepción deste venres.
O concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, abriu o acto poñendo en valor o gran nivel do deporte guardés, como demostra Álex Sierpes en atletismo.
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, recordou o esforzo que hai tras os logros deste xove deportista, sobre todo, o apoio e esforzo dos seus pais, Patricia e Javier, que tamén exercen como os seus adestradores.
O propio Álex Sierpes mostrouse enormemente agradecido ao seu irmán maior Christian, que o definiu como “compañeiro de adestramentos e de vida”. Tamén agradeceu o apoio dos seus pais que “sempre están nas boas e nas malas”, e o das súas avoas e o seu avó, que tampouco se quixeron perder este acto.
Despois xunto aos seus pais, o atleta explicou á audiencia, catro das súas medallas máis importantes, entre elas o recente campionato de España Sub-18 nos 3.000 metros baixo cuberta. Mais tamén compartiu o subcampionato europeo de cross por clubes na categoría sub-20, que confesou que lle fixo “especial ilusión ao ser a primeira proba internacional”.
Finalmente, tanto os seus pais, como o seu irmán Christian, puxeron de manifesto o orgullosos que están do pequeno dos Sierpes e fixeron alusión ao exemplo de humildade e traballo que supón para os atletas da Sociedade Atlética do Trega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario