20 de feb. de 2025

TUI

As músicas e os músicos locais protagonizarán unha sesión improvisada no novo espazo da rúa Camilo José Cela 

 O venres 28 Phantom Club convidará a sumarse a outros instrumentistas da zona 




Infogauda / Tui

 As músicas e os músicos tudenses e da contorna reuniranse o próximo venres, 28 de febreiro, nunha sesión improvisada no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Nunha iniciativa conxunta do Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, e a promotora local FB ProduXion.  

 Sobre o escenario estarán músicos locais de Tui, Valença, Vigo, O Porriño e Goián para improvisar nos estilos do Blues, Soul e Funk, ofrecendo a mellor música en directo. Haberá artistas xa cunha longa traxectoria xunto a outros que comezan. Frans Banfield, Juanma Ons, Lucas Fernández, Fiz Novoa, Mike Trompy e Diego García, músicos de Phantom Club, convidarán ao escenario a todos aqueles que desexen tocar en directo. Deste xeito dende o venres 28 de febreiro, ás 21 h, a banda realizará en Tui a exitosa experiencia que leva a cabo de dende hai catro anos na Casa de Arriba, en Vigo.  

 Para participar como músico na sesión improvisada so será preciso instrumento de man (guitarra, baixo, saxo…) e anotarse nas redes de FB ProduXion.  

 Esta iniciativa, en función da acollida que teña o próximo venres 28, podería ter continuidade con carácter mensual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario