21 de feb. de 2025

TOMIÑO

TRES ANOS DE PREGUNTAS, DENUNCIAS E INICIATIVAS DAS SOCIALISTAS DE TOMIÑO ANTE A PRAGA DE MOSCAS  


Mirta Isabel Misa Misa e Mª Violeta de Santiago Moure, concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Infogauda / Tomiño

 As concelleiras Mª Violeta de Santiago Moure e Mirta Isabel Misa Misa, do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño, lembran que levan “dende febreiro de 2022 preguntando, preocupándose e instando ao Goberno de Tomiño a tomar iniciativas ante a praga de moscas que reiteradamente afecta ó noso Concello”. 

 Asemade afirman: Non foi ata un ano despois, no 2023, que este Goberno [nacionalista] asinou un contrato coa Universidade de Vigo para elaborar un estudo. Mentres, adicáronse a desviar a atención chegando a decir en Pleno que a Universidade estaba traballando no tema pero de maneira “informal”. Este estudo foi presentado o día 2 de maio do 2024. Outro ano perdido sen buscar solucións mentres a veciñanza padecía brotes explosivos da praga”. 

 Tamén refiren “que o día 5 de abril de 2022 o PSdeG-PSOE rexistra unha pregunta no Parlamento de Galicia sobre este tema, o que provocou chamadas e visitas amenazantes nos domicilios  das concelleiras socialistas por parte de persoas vinculadas a cultivos e verquidos incontrolados de abonos procedentes de algas nese momento”. 

 Con todo, as socialistas seguiron “traballando e preocupándose por esta praga ata o día de hoxe, e pregúntanse por qué o Goberno de Tomiño tardou tres anos en solicitar da Xunta de Galicia axuda e medidas para atallar está problemática. 

 “É sorprendente ler na prensa que é o Concello de Tomiño o que está a buscar solucións mentres a Xunta mantense de brazos cruzados, cando na mesa de traballo celebrada o 30 de xaneiro de 2025, as técnicas da Xunta convidada, manifestaron que non se lles remitiu a información manexada no estudo que arroxou  as conclusións deste, respostando a responsable da Universidade que ninguén lle indicou que tivera que enviala”, afirma Violeta de Santiago, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOe no Concello de Tomiño.

 “Cómo é posible que esa información non sexa remitida á Xunta de Galicia si, segundo os nacionalistas, é quen ten as competencias nesta materia? pregúntanse as socialistas,  que  esixen seriedade, traballo e rigor nun tema tan importantes para a veciñanza como a súa saúde e o seu benestar

 Respecto ao goberno municipal do Concello de Tomiño, as concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE afirman: “Estiveron durante tres anos mirando cara outro lado neste tema, e son  eles os que teñen que dar as explicacións de cales foron os motivos, vendendo fume con manuais de boas prácticas ou suposta colaboración coa FEGAMP cando a realidade é que nin pediron colaboración á Xunta nin redactaron ordenanzas municipais para intentar correxir posibles malas prácticas”.

 Por último, as concelleiras socialistas esperan que “esta non sexa outra cortina de fume e se traballe de verdade ata acadar unha solución definitiva”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario