20 de feb. de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O patrulleiro Cabo Fradera da Armada Española recalará en Camposancos, 13 anos despois 

 O buque estará aberto ao público en horario de 9:30 a 13:30 horas durante o día 26 no pantalán da Pasaxe


O tenente de navío Pablo Navarro, nun momento da súa visita a Casa do Concello de A Guarda, sendo cumplimentado polo alcalde Roberto José Álvarez Carrero, e o tenente de alcalde Óscar Alonso Álvarez, facéndolles entrega duns agasallos conmemorativos

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O patrulleiro Cabo Fradera (P-201) da Armada Española recalará na Guarda 13 anos despois da súa visita precedente. Farao este próximo mércores 26 de febreiro na Pasaxe, como escala na patrulla de vixilancia no Tramo Internacional do Río Miño (TIRM).  

 O buque estará aberto ao público en horario de 9:30 a 13:30 horas durante o día 26 no pantalán da Pasaxe. Grazas a esta colaboración co Concello da Guarda, os colexios serán os primeiros invitados.  

 As visitas abarcarán un percorrido polo buque, no cal se poderá coñecer os equipos e as capacidades do patrulleiro, así como a súa dotación e a forma de vida a bordo.  


O patrulleiro Cabo Fradera (P-201) da Armada Española

Breve recensión histórica

 O "Cabo Fradera" é o terceiro buque máis antigo da Armada en servizo, tras o B/E (Buque Escola) "Juan Sebastián de Elcano" (A-71) e do T/L (Transporte Lixeiro) "Contramaestre Casado" (A-01). É único na súa clase e realiza navegacións polo río Miño desde hai máis de 60 anos.

 O Patrulleiro de Vixilancia Interior "Cabo Fradera"  leva este nome en honra do Cabo de Mar Esteban Fradera i Bohigas, heroe do Callao.  

 Foi construído pola Empresa Nacional Bazán na súa factoría da Carraca (Cádiz) durante os anos 1.961 e 1.962.  

 Entregouse á Armada en Cádiz o 25 de febreiro de 1.963 e foi transportado a Vigo no Buque de Transporte "Almirante Lobo".  

 Presta os seus servizos en Tui desde o día 10 de setembro de 1.963 substituíndo ao cañonero "Cabo Fradera" que permaneceu en Tui desde 1.928 ata 1.963, ano en que foi dado de baixa da Lista Oficial de Buques da Armada.

Características do patrulleiro "Cabo Fradera"

Desprazamento: 28 Tns.  

Eslora: 17,85 mts.  

Manga: 4,25 mts.  

Calado: 0.9 mts.  

Propulsión: 2 motores diésel Pegaso-Guascor  

Planta eléctrica: Xerador diésel de 6 kw Vetus-Mitsubishi  

Velocidade máxima: 10 nós  

Potencia total: 550 CV  

Armamento: 2 metralladoras lixeiras MG-42, calibre 7,62 MM  

Sensores: Radar Plotter Furuno, GPS Garmin 790  

Outros: 2 embarcacións semirríxidas Valiant 350 e 450  

Dotación: 7 persoas (1 oficial comandante, 2 suboficiais, 1 cabo primeiro e 3 cabos/mariñeiros)

Ningún comentario:

Publicar un comentario