Charlas ao alumnado guardés para informar sobre a prevención de incendios
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de levar a cabo a campaña “Escudo frondoso” dirixida ao alumnado dos colexios da vila. Esta iniciativa busca protexer os bosques e o medio ambiente, implicando a todas as xeracións.
O alumnado do CEIP As Solanas, colexio San Xerome, CEIP A Sangriña, colexio Padres Somascos, colexio San José e o CEIP Manuel Rodríguez Sinde recibíu charlas sobre a prevención de incendios e sobre as árbores frondosas e autóctonas. Deste xeito, descubriron como eles tamén poden axudar, xa que a protección do medio ambiente é un deber de toda á cidadanía.
Tamén recibiron a visita de efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de A Guarda que lles amosaron ao estudantado como traballan ante este tipo de emerxencias naturais.
Ademais as visitas aproveitáronse para recoller as árbores que os pequenos coidaron desde o magosto e que se sumarán ás máis de 800 árbores que o Concello vai repartir entre os propietarios das parcelas da faixa de prevención de incendios.
Desde o Concello de A Guarda lembran que aqueles propietarios que queiran solicitar árbores poden facelo a través da sede electrónica ou do rexistro do Concello, antes do 31 de xaneiro, indicando a súa parcela e adxuntando unha fotografía do último ano da mesma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario