A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS CELEBROU ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
Este sábado, 25 de outubro de 2025, en segunda convocatoria, sendo as 17:00 horas, celebramos reunión asemblearia xeral extraordinaria da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, coa asistencia presencial de 112 veciñas/os comuneiras/os e 7 con voto delegado,, que suman 119 asistentes o que supon case un sesenta por cento do censo de comuneiras/os.
No 1º punto da orde do día, comezouse sometendo a votación a acta da asemblea anterior, sendo aprobada por unanimidade.
No 2º, da orde do día informouse de estar iniciado o proceso de eliminar o Padroado Municipal Monte Santa Trega e facerse cargo da xestión total do monte as dúas Comunidades de Montes - A Guarda e Camposancos, respectivamente -, para o que constituiremos unha mancomunidade. Sometido este asunto a votación, aprobouse por maioría absoluta, e cinco abstencións, sen votos en contra.
No punto 3º da orde do día, deuse información polo miudo da demanda xudicial interposta pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos reclamando como de súa propiedade a totalidade do monte que administramos os camposinos. Din que Camposancos pertenceu a parroquia de Salcidos e se desmembrou alá polo 1796. Que Camposancos sempre foi un Couto redondo e que únicamente se aproveitaba para esquilmos, leña etc., dentro do Couto, e que o Trega era de inmemorial únicamente se aproveitaban del os veciños de Salcidos.
Baséanse no Catastro do Marqués da Ensenada. Iso sí, únicamente tendo en consideración o que di favorable a súa defensa e solapando todo o que lles é desfavorable.
Informamos que tivemos que nomear un equipo de avogados e un perito historiador para rebater e demostrar que os veciñas/os de Camposancos dende tempo inmemorial somos os lexítimos propietarios, e por dar un exemplo asegurar que Camposancos xa alá polo ano 1785 se aproveitaba e traballaban a súa devesa coxuntamente cos de Barrantes. Xa era unha freguesia.
A continuación refírese a outro documento datado de 26 de outubro de 1162 e custodiado no Libro terceiro de Privilexios Reais nº 7 do Arquivo Capitular de Tui, no que di: “(...) el más importante que conocemos referente a la formación del Coto de Camposancos (...)”, por doazón real ao Mosteiro de Barrantes. O explica do xeito seguinte: “Esta donación real amplió las posesiones del Monasterio de Barrantes en Camposancos. El documento real nos presenta dos núcleos de población: Camposancos y Sáa. Del primero perduran los restos en el paraje Cova da Loba. No estarían poblados los barrios que actualmente existen (...)”.
E que Salcidos non presuma de que foron dende tempo inmemorial os propietarios do monte Trega, xa que se Camposancos durante un tempo estivo anexionado a parroquia de Salcidos, Salcidos é parroquia de recente creación xa que pertencía ao Mosteiro de Santa Eulalia de Cividáns.
Pola nosa parte estamos moi tranquilos e non imos decindo polos lugares que este preito está ganado, como os demandantes, que incluso xa din onde celebrarán a próxima festa comunal.
Nós non faremos xuizos de valor en espera de que sexa a súa señoría quen de, ou quite razóns.
Se deu conta de que para preparar a defensa nesta demanda, por agora se levan gastados preto de 25.000 € e a minuta seguirá crecendo.
Someteuse a votación se nun hipotético caso sai contrario aos nosos intereses debemos recorrer a instancias superiores, con resultado de sí unánime da asemblea.
E sendo ás 18:00 horas levantouse a reunión.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario