Sementes de Cores, proposta da Asociación Cultural Alfombras de A Guarda
• Para conmemorar o Día Internacional da Infancia
Asociación Cultural Alfombras de A Guarda
O 20 de novembro e o Día de Internacional da Infancia. Neste día búscase lembrar e promover os dereitos de todos os nenos e nenas así como concienciar sobre a importancia de protexer a súa saúde, educación e benestar. Tendo en conta da colaboración incondicional das nenas e nenos da Guarda na elaboración das alfombras florais, pensamos que é unha boa oportunidade para homenaxearlles dedicándolles este mes de Novembro coa exposición “Sementes de Cores”.
Deste xeito queremos recoñocer e facer visible, o traballo que realizan os rapaces na elaboración das alfombras florais e fomentar o relevo xeneracional
O vernes, día 7 de novembro, ás 17:00 horas inagurarase na praza do Reló a mencionada exposición. Poderá visitarse ata o día 27 de novembro.
O sábado día 8 haberá actividades infantís en horario de 11:00 a 13:00 h, e de 15:30 a 17:30 h:
• Gynkana “Flores que deixan pegada”.
• A Flor dos desexos.
• Crea a túa alfombra.
• Obradoiro de chapas.
En caso de choiva as actividades trasladaranse a Aula de Estudo no baixo do Casa do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario