28 de out. de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Unha exposición da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa conmemorará o 150 aniversario do Colexio Apóstolo Santiago   

A inauguración será este venres, 31 de outubro, ás 20:00h, na Casa de Montes de Camposancos, contará cun relatorio do historiador local Joaquín Miguel Villa Álvarez




Infogauda / Camposancos

 Unha exposición filatélica vai conmemorar o 150 aniversario do histórico Colexio Apóstolo Santiago, fundado en 1875, no barrio da Pasaxe (Camposancos), desenvolvendo o seu labor académico ata 1916.   

 A exposición inaugurarase o venres, 31 de outubro, ás 20:00 horas, no salón da Comunidade de Montes de Camposancos. Está organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa e conta coa colaboración do Concello de A Guarda; da Deputación de Pontevedra; da Federación Galega de Sociedades Filatélicas; e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.


Sobre, selo e cuño que se poñerán en circulación o día 31 de outubro

 Contará cun selo e un sobre personalizado, e un cuño. Así mesmo publicarase un boletín coa colaboración de Joaquín Miguel Villa Álvarez quen ofrecerá un relatorio sobre o eolexio, no acto de inauguración. da mostra filatélica.

 A exposición estará aberta a visitas o sábado, día 1 de novembro, e o domingo, día 2, de 11:00 a 13:00h e de 18:00 a 19:00h; e do luns, día 3 ao mércores, día 5 de novembro, de 18:00 a 19:00 horas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario