10 de xul. de 2024

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE A GUARDA COMEZA UNHA NOVA ÉPOCA

Convocando unha asemblea xeral extraordinaria

Celebrarase o sábado 20 de xullo de 2024, ben na Casa dos Alonso, do concello, ben na praza do Reló, ás 16:00h en primeira convocatoria e ás 18:00h, en segunda convocatoria


Vista de A Guarda desde á ladeira norte do monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Logo de haber transcorrido uns 6 anos, nos que varias persoas viñan solicitando súa admisión como membros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda, sen que obtivesen, presuntamente, unha resposta axustada á Dereito, motivo polo cal ese controvertido asunto foi levado ao ámeto xudicial, e logo de ser ditada á correspondente sentencia, favorable as persoas que solicitaran súa admisión como comuneiras, e unha vez a devandita sentencia foi firme, foi celebrada - en maio de 2024 -, unha asemblea, na que foi acordada unha nova xunta reitora, que foi comunicada ao Rexistro provincial de Montes Veciñais en Man Común, de Pontevedra. A partires dese momento e logo de haber transcorrido varias semanas, comeza unha nova etapa. Dese xeito, o presidente da devandita xunta reitora, fixo pública á seguinte convocatoria:

A Guarda, 8 de xullo de 2024 

Estimados comuneiros e veciños da Guarda: 

 Por medio da presente, e de acordo ao establecido na lexislación vixente, así como nos estatutos da Comunidade de Montes en Man Común de A Guarda, convócase a Asemblea Xeral Extraordinaria da entidade, que se celebrará o sábado 20 de xullo de 2024, ben na Casa dos Alonso, do concello, ben na praza do Reló, ás 16:00h en primeira convocatoria e ás 18:00h, en segunda convocatoria, polo menos cos seguintes puntos do día: 

l . Explicación da actual situación da Comunidade de Montes de A Guarda, xestións realizadas desde a elección da actual Xunta Reitora e xestións pendentes a curto, medio e longo prazo. 

2. Tramitación de solicitudes de novos membros *  *, aprobación e recoñecemento da súa condición de comuneiro para aqueles que cumpran os requisitos*. Tramitación de posibles baixas. Actualización do censo de comuneiros. 

3. Creación de grupos de traballo. 

4. Establecer data para a convocatoria de Asembleas para a renovación dos Estatutos da Entidade, de modo que se axusten á Lexislación Vixente, e establecer así mesmo data para a elección dunha nova Xunta Reitora. 

5. Tratar a posibilidade de anexión da C.M. a agrupacións como AFG (Asociación forestal de Galicia), ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes), ou outras similares 

6. Preguntas, achegas, suxestións, rogos, propostas e outros.

 Solicítase máxima difusión desta convocatoria, de asistencia pública. Así mesmo, queda aberta a posibilidade de incorporar puntos do día á Asemblea a pedimento de calquera comuneiro; estes puntos do día poden introducirse o mesmo día da Asemblea, aínda que sería recomendable comunicalos antes á Xunta Reitora para poder tratalos coa máxima dilixencia.

 No enderezo electrónico montedaguardg@gmail.com recibirase por agora, tanto as solicitudes de altas ou baixas de comuneiros, como calquera outra comunicación que se desexe trasladar á Xunta Reitora e á Asemblea Xeral da entidade. 

 O presidente da Comunidade de Montes de A Guarda   

Daniel Alonso Pérez


* Residencia habitual na área da C.M da Guarda. maior de idade. e non duplicar representación da unidade económica e de consumo.   

* Para acreditar os requisitos requírese a presentación de fotocopia de certificado de empadroamento e solicitude de alta como comuneiro na Comunidade de Montes en Man Común de A Guarda.

Nota da Redacción de Infogauda

 Aínda que convocatoria da asemblea xeral extraordinaria recibímola redactada en castelán, decidimos traducila ao galego.

A GUARDA

Charo Trigo vai presentar “As cores do cotiá”    

Do 13 ao 31 de xullo, na Casa dos Alonso   



Infogauda / A Guarda  

 A Casa dos Alonso vai acoller unha nova exposición de pintura. Desta vez, a artista é Charo Trigo que nos vai presentar “As cores do cotiá”.  

 A exposición inaugurarase o sábado 13 de xullo ás 19:30 horas e poderase visitar de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, e todas as tardes de 18:00 a 21:00 horas. A exposición estará ata final do mes de xullo.  

 As obras que presentará Charo Trigo son óleos sobre lenzo que versan sobre dúas temáticas: unha primeira parte tráenos o día a día dos xoves deportistas de elite, como combinan estudos, descanso, adestramentos, competicións...  

 A segunda parte está inspirada nos recunchos de A Guarda, así como a música e baile tradicional galego.  

A GUARDA

A Festa dos Avós da Guarda vai traer música, merenda e sorteos para os máis maiores  

Este domingo, 14 de xullo, a partir das 17:30 horas, na carpa do Portiño Novo




 Infogauda / A Guarda 

 Este domingo, 14 de xullo, o club da Terceira Idade e Pensionistas, en colaboración co Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra, organiza a Festa dos Avós.  

 Esta celebración terá lugar na carpa do Portiño Novo, a partir das 17:30 horas. Os asistentes desfrutarán das actuacións do Grupo de Gaitas da Terceira Idade, de A Guarda; da Coral da Terceira Idade, de A Guarda; e da Coral do Centro Social de Tui.  

 Ao remate das actuacións haberá rosca e bebidas para todos e realizaranse os sorteos. Ademais, farase entrega de agasallos especiais a algúns avós e avoas.  

DEPORTES

VII Torneo 3X3 Vila da Guarda

Abertas as inscricións 




Infogauda / A Guarda

 O sábado 27 de xullo será unha xornada moi deportiva na Guarda. Durante todo o día haberá música, bebida e comida, e, sobre todo, moito baloncesto na pista do Centro Cultural da vila.  

 O club de Baloncesto do Baixo Miño, organiza co Concello e OR.PA.GU., o VII Torneo 3X3 Vila da Guarda. As inscricións xa están abertas a través do correo club.baloncesto.bmb@gmail.com  

 Os equipo deben estaren formados por 4 ou 5 persoas e pagar a inscrición de 50€ para desfrutar dun día que fusionará deporte, música e bo ambiente.

VILA NOVA DE CERVEIRA

“AMFF in Concert - 50 anos de Abril” 

Em palco a 30 de julho

   


Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira  

Os 50 anos de vivência portuguesa em democracia (1974-2024) continuam a ser assinalados com toda a circunstância em Vila Nova de Cerveira. Enquadrado no estágio de final de ano letivo, a Academia de Música Fernandes Fão, com o apoio da Câmara Municipal, apresenta, a 30 de julho, no Auditório Municipal, o “AMFF in Concert - 50 anos de Abril”. Espetáculo musical marca o arranque das Festas Concelhias em Honra de São Sebastião 2024.     

 Em palco, cerca de 200 participantes, entre professores e alunos, vão revisitar as composições dos maiores nomes da música de intervenção em Portugal, valorizando a qualidade e a imparidade, bem como o envolvimento e o impacto à data até aos dias de hoje. O principal objetivo deste evento musical anual passa por aprofundar o conhecimento sobre a música portuguesa daquela época, os seus autores e intérpretes, apresentando-se como uma oportunidade de crescimento a nível musical, cultural e social dos alunos desta escola e uma experiência única para o público presente.    

 Alunos e professores da AMFF trabalham em conjunto este espetáculo, desde a criação dos arranjos até à apresentação final. “Canta o Natal”, “Folclore”, “Eurovisão”, “Rock Português”, “Tributo a Vilar de Mouros”, “Fado”, “10 anos” foram os temas apresentados ao longo desta década. Para a edição 2024, o AMFF in Concert comemora os 50 anos da Revolução de Abril, fazendo uma “viagem” por todos anos que precederam este momento histórico.     

 Por valorizar a arte musical em espaço municipal associada a uma forte componente de ação educativa e formativa, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira apresenta-se como um motor essencial nesta parceria de promoção dos AMFF in Concert, por forma a encontrar as melhores pontes para a fruição cultural e artística, num município em afirmação crescente da identidade e vocação em torno da vertente artística.     

 De entrada livre, o “AMFF in Concert - 50 anos de Abril” está marcado para dia 30 de julho, às 22h00, no Auditório Municipal de Vila Nova de Cerveira.   

TOMIÑO

Maxia de cerca nos comercios de Tomiño 

Este venres 12, primeira cita na contorna do Seixo




Gonzalo Lomba* / Tomiño 

 Os venres 12 e 19 de xullo, os magos Samuel Moreno, Wocky e Xulio Merino percorrerán as rúas comerciais do centro de Tomiño para ofrecer aos clientes dos negocios locais os seus espectáculos de Maxia de cerca.  

 Esta modalidade é un tipo de maxia de curta distancia onde o número de público é reducido e os xogos de maxia son interactivos ata certo punto. Así, os clientes de comercios, perruquerías e hostelería da contorna do Seixo poderán desfrutar deste espectáculo único que terá lugar nas terrazas, nas portas dos negocios e tamén no seu interior desde as 19:00 horas. 

 Con esta proposta, a Asociación de Comerciantes de Tomiño, ADETO, busca poñer en valor o Centro Comercial Aberto de Tomiño e anima aos clientes a que se acheguen aos seus negocios de confianza aproveitando tamén as numerosas ofertas que ofrecen estes días así como a campaña Pasaporte, que pon en xogo 500 € en premios.  

 Esta iniciativa, impulsada por ADETO co apoio do Concello de Tomiño, conta co financiamento da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra a través do seu programa Culturea. 

* Xerente de ADETO.

TOMIÑO

Un espectáculo de humor para quen non gaña sempre, con Dani Blanco e unha nova edición do seu ‘Rogelio’  

Urdime chega a Tomiño con este espectáculo de circo, clown, malabares e música este xoves 11 ás 19.30 h na praza pintor Antonio Fernández, de Goián  




Infogauda / Tomiño 

 Goián quenta motores para unha tarde de humor e circo para toda a familia. Ao abeiro da programación cultural de verán, a praza Pintor Antonio Fernández converterase este xoves 11 de xullo, ás 19.30 horas - con entrada de balde - no escenario de ‘Un pallaso en recuperación’, unha nova entrega do Rogelio, do actor Dani Blanco que conquistará ao público cunha mestura de circo, clown, malabares, música e moito, moito humor para todos os públicos.  

 Un espectáculo de clown para as persoas que non gañan sempre, para as perdedoras, para aprender a rirse dun e dunha mesma, e superarse. Rogelio namorará ao público coa súa historia: tras case 20 anos encerrado na casa e tras sufrir acoso e despois de seguir terapia está no último paso, facer público o que máis lle gusta: a maxia.  

 Unha obra inesquecible que combina artes escénicas cunha historia que toca o corazón, dentro da triloxía coa que Urdime explora a soidade de Rogelio dun xeito único e cativador. 

TUI

Comeza o ciclo de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio”

O luns será co roteiro guiado por Rafael Sánchez Bargiela “Da Glorieta á ponte internacional, paseando con outra mirada”  


Vista de Tui dende á Alameda
Foto: C.T.

Infogauda / Tui 

 O próximo luns comeza “Coñece o noso patrimonio”, o programa de visitas guiadas que organiza o Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui, para a difusión do amplo acervo patrimonial que atesoura a cidade. Estará a cargo de especialistas do propio Instituto.  

 A primeira das seis visitas programadas sairá o próximo luns  ás 20.30 h da Glorieta de Vigo co título “Da Glorieta á ponte internacional, paseando con outra mirada”. O historiador e técnico municipal, Rafael Sánchez Bargiela guiará este percorrido no que as persoas asistentes irán descubrindo as pegadas de diversos momentos históricos que podemos documentar na propia configuración urbana da nosa cidade.  

 O número de prazas  en cada unha destas visitas é limitado. A inscrición gratuíta debe realizarse no correo biblioteca@tui.gal  indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e visita elixida (enviando unha mensaxe por cada ruta).  

 A concelleira de Turismo do Concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, indica que este ciclo de visitas guiadas é unha excepcional oportunidade de achegarse ao patrimonio tudense, descubrindo novos aspectos do mesmo, o que redundará nunha maior valoración e respecto polo segundo conxunto monumental de Galicia. Ana Núñez destaca a excelente acollida que está a ter este ciclo de visitas guiadas como se reflicte na alta demanda de inscricións que se están a realizar, polo que nalgunhas das rutas quedan xa poucas prazas libres nestes momentos.  

PROGRAMA:    

Luns 15 de xullo  

“Da Glorieta á ponte internacional, paseando con outra mirada”, por Rafael Sánchez Bargiela, historiador.  

Inicio: Glorieta de Vigo, 20.30 h.  

Martes 23 de xullo  

“Arqueoloxía no Alto do Coello y Rozacús”, por Benito Vilas, arqueólogo (pendente),  

Inicio: Alto do Coello – Randufe, 20.30 horas  

Mércores 31 de xullo  

“El proceso constructivo de la catedral tudense a través de su exterior”, por Marta Cendón Fernández, profesora da USC.  

Inicio: fachada norte da catedral (rúa Párroco Manuel Rodríguez Vázquez) – 20.30 h.  

Xoves 8 de agosto 

“Transformacións da cidade de Tui a través dos seus recintos amurallados”, por Juan José Perles Fontao, arqueólogo.  

Inicio: praza do Concello – 20.30 h.  

Martes 13 de agosto

 “Santo Domingo de Tui, ejemplo de arquitectura mendicante en Galicia”, por Carmen Manso Porto, de la Real Academia de la Historia  

Inicio: igrexa de San Domingos – 20.00 h.  

Martes 20 de agosto  

Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II”, por Suso Vila, doutor en historia da arte pola USC.  

Inicio: Oficina Municipal de Turismo (paseo da Corredoira) – 20.00 h.

TUI

O CEIP nº 2 de Tui recoñecido co Distintivo de calidade de centros docentes "Sello Vida Saludable 2024" do Ministerio de Educación

O Concello de Tui traslada a súa felicitación a toda a comunidade educativa por esta distinción nacional ao seu traballo


O CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui vén de ser recoñecido co Distintivo de calidade de centros docentes "Sello Vida Saludable 2024" que outorga o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui vén de ser recoñecido co distintivo de calidade de centros docentes Sello Vida Saludable 2024 que outorga o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes. O B.O.E. recollía onte a resolución da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional na que se figuran os 63 centros distinguidos a nivel nacional, dos que 11 son galegos e 7 da provincia de Pontevedra.  

 O Sello Vida Saludable 2024 recoñece aos centros educativos que  fomentan  a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de prácticas de vida saudables e unha educación física que permita o axeitado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado. 

 O CEIP Nº 2 de Tui recibe este galardón polo traballo realizado dende o centro ao abeiro do proxecto “Diver-xente” que levaron a cabo no curso escolar 2023-24, e no que afondaron nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS), e na Axenda 2030. Tamén pola súa participación no Plan Proxecta: Aliméntate ben, no Proxecto de Vida Activa e Deportiva – PVAD, polas actividades realizadas no medio natural, por ser un Centro Residuos Zero, e pola súa participación no Programa Voz Natura, no que tamén foron premiados, xunto a outras iniciativas como o Proxecto Erasmus+ “Promovendo estilos de vida saudables e mente feliz”.  

 Este recoñecemento coincide co 50 aniversario do CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui, e plasma o esforzo e traballo realizado por xeracións de nenos e nenas, profesorado e familias.  

 A concelleira de Cultura e Ensino de Tui, Sonsoles Vicente salienta coma este distintivo de calidade de centros docentes "Sello Vida Saludable” é “un reflexo do compromiso da comunidade educativa do CEIP nº2 coa promoción de hábitos de vida saudable e a educación integral dos nosos nenos e nenas”. Engade que este recoñecemento non sería posible sen “o traballo diario de todo o equipo docente, a implicación das familias e, sobre todo, o entusiasmo e a participación do alumnado”.  

 Sonsoles Vicente quere trasladar a súa felicitación ao CEIP nº 2, profesado, alumnado e familias, por este selo obtido a nivel nacional que testemuña o seu compromiso con estilos de vida saudables e valores de respecto e convivencia, ao tempo que agradece o seu compromiso e ilusión.

FORNELOS DE MONTES

Fornelos de Montes celebra a súa XX Festa da Chanfaina e da Carne do Suído co xogo de escapismo temático de Eureka Reto Rural  

Será este domingo 14 de xullo ás 18.00 horas, con saída do Centro Multiusos da zona axardinada na rúa das Escolas. Inscricións xa abertas na web  




Infogauda / Fornelos de Montes 

 ‘Eureka Reto Rural’ sorprenderá as persoas participantes cun novo desafío en Fornelos de Montes, unha xornada chea de probas, enigmas  e retos para coñecer un pouco máis a historia e o patrimonio da vila e achegarse á tradicional Festa da Chanfaina e da Carne do Suído, que celebra 20 anos de vida dando a coñecer a gastronomía e as actividades lúdico e musicais que se desenvolven no concello ao longo de todo o ano.   

 O vindeiro domingo 14 de xullo o concello de Fornelos de Montes será o escenario perfecto para desfrutar dunha tarde descubrindo os segredos do municipio, que durante os días de festa ofrece unha carne de gran calidade, de gando criado na serra, unhas longanizas feitas en só dous días coas mellores carnes de porcos criados na contorna acompañados de ovos da zona, creando un prato exquisito e contundente típico desta terra. 

 O xogo de escapismo partirá ás 18.00 horas do Centro Multiusos, na zona axardinada na rúa das Escolas número 4, para desfrutar dunha ruta circular de dificultade moderada. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Para as persoas que non poidan desfrutar desta experiencia o día do estreo, o xogo de escapismo permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.  

 A presidenta de EuRural, Sandra González, amosou o seu entusiasmo ante a celebración dun novo escape room de ‘Eureka Reto Rural’, “un produto turístico único que ofrece a todas e todos os participantes a oportunidade de coñecer o noso fermoso territorio dun xeito interactivo, orixinal e diferente. Con esta iniciativa non só destacamos a riqueza cultura e natural do noso rural, senón que tamén fomentamos a participación activa e a aprendizaxe a través dunha experiencia inmersiva e desafiante. Cremos firmemente que deste xeito contribuímos a fortalecer o vínculo entre as persoas visitantes e o noso patrimonio, promovendo un turismo sostible, de calidade e enriquecedor para todos e todas”. 

 Pola súa banda, o alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, convidou “a todas as persoas que o desexen a participar nesta novidosa actividade que terá lugar no noso concello e na que a través deste xogo de escapismo vanse dar a coñecer numerosos puntos de interese de Fornelos e, sobre todo, van poder descubrir moitas curiosidades da nosa historia como concello, da nosa situación na Serra do Suído e da nosa festa gastronómica da Chanfaina e da Carne do Suído”.  

 “É unha festa moi consolidada e este ano precisamente dentro dunha semana celebramos o seu vixésimo aniversario, 20 anos xa dende aquela primeira edición que deixou unha festa de moito interese na nosa contorna e que destaca polo saborosos que son os produtos que ofrecen. Animádevos a participar porque ides coñecer un concello fermosísimo situado nunha situación privilexiada e, sobre todo, moi acolledor”, recalcou o rexedor.  

 O equipo gañador do xogo de escapismo de Fornelos de Montes poderá desfrutar dun paseo en barco polo río Miño dende Tui, cun pequeno aperitivo ou merenda e comida ou cea con degustación no restaurante Beldade para seis persoas. Ademais, o Concello sorteará dous vales cun importe de 75 euros cada un para gastar na Carnicería Gregorio e na Carnicería Albino e poder así desfrutar dos produtos cárnicos da contorna. 

 As seguintes datas, concellos e temáticas dispoñibles tras Nigrán serán: 

- 20 de xullo. Tomiño. ‘Camiño da Nosa Señora do Norte’. 

- 27 de xullo. Pazos de Borbén. ‘A emigración: As casas indianas’. 

- 14 de agosto. Soutomaior. ‘María Vinyals’. 

- 20 de setembro. Redondela. ‘A historia da nosa vila’. 

 Toda a información pormenorizada das actividades, con horario e puntos de encontro están dispoñibles na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. 

ECONOMÍA

A CIG-Industria traslada á sede da Xunta as protestas en defensa da automoción galega 

Traballadores/as e delegados/as de Vigo, Pontevedra e Ourense mobilizáronse en Santiago para esixir medidas que garantan o futuro do sector  


Protesta de traballadores/as e representantes sindicais da CIG-Industria nos comités de empresa dunhas 25 compañías da automoción galega con sede en Vigo, Ourense e Pontevedra mobilizáronse hoxe diante da sede da Xunta en Santiago
Foto: CIG

Infogauda / Santiago de Compostela

 Traballadores/as e representantes sindicais da CIG-Industria nos comités de empresa dunhas 25 compañías da automoción galega con sede en Vigo, Ourense e Pontevedra mobilizáronse hoxe diante da sede da Xunta en Santiago para alertar das graves ameazas que enfronta o sector e reclamar das administracións públicas medidas que garantan o futuro dunha industria estratéxica para o país e fundamental para estas tres comarcas. 

 Ao remate da protesta, que fai parte da campaña que vén desenvolvendo a central en defensa do sector, o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, e a responsábel da automoción da federación, María Xosé García, presentaron no rexistro do edificio autonómico un escrito dirixido ao presidente da Xunta e á conselleira de Economía e Industria coas principais propostas da central para garantir un sector galego do automóbil con futuro. 

 Dende a CIG-Industria denuncian que a automoción galega leva máis dunha década nunha situación de emerxencia industrial que se traduce na perda de miles de postos de traballo e en peches de empresas. O sector segue a sufrir ERE, coa perda paulatina de efectivos nos cadros de persoal, e unha precarización absoluta das condicións de traballo por causa das distintas reformas laborais aprobadas coas escusas das diferentes crises.  

 “Observamos con preocupación como na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal as empresas do sector da automoción, vital para a economía galega, deslocalízanse e aséntanse no país veciño. En consecuencia, camiñamos cara a un proceso de reconversión industrial que vai afondar no empobrecemento da clase traballadora galega, provocando unha perda de poboación e aumentando o peso do sector servizos en detrimento do sector industrial, con peores condicións e salarios máis baixos”, afirman dende a CIG - Industria.  

 Ante esta situación de emerxencia industrial, dende a central sindical esíxenlle ás administracións públicas que impulsen un plan industrial para Galiza que propicie unha industria da automoción forte e xeradora de emprego, ao tempo que demandan a participación da Xunta directamente, ou a través de empresas mixtas, na constitución de novos proxectos industriais vitais para o sector. 

 Que as subvencións e axudas millonarias que se lle dan a Stellantis teñan o compromiso da planta de Vigo da fabricación de novos modelos, para garantir a creación de emprego en todo o tecido industrial, especialmente nas empresas de compoñentes.  

 Un compromiso do Ministerio de Industria e Transición Ecolóxica co sector da automoción de Galiza que axude a afrontar o futuro con garantías e que permita frear o proceso de deslocalización de boa parte da actividade auxiliar para abaratar custes, mentres se aplican rebaixas salariais e laborais coa escusa de gañar competitividade.  

 A creación dunha Mesa Galega da Automoción integrada polo CEAGA, as centrais sindicais e as tres universidades galegas que impulse un plan galego para a industria da automoción no que se recollan medidas de apoio en I+D+i. 

 A instalación dunha planta de baterías en Galiza. Xa que non ter unha planta de fabricación de baterías expulsa o sector galego da automoción do taboleiro da fabricación do coche eléctrico. 

 Unha aposta pola fabricación dos novos compoñentes do automóbil eléctrico. O Goberno galego ten que activar un plan para a atracción das plantas de fabricación dos novos compoñentes dos coches eléctricos.  

 Un plan de rexuvenecemento dos cadros de persoal. Solicitamos que se fagan as modificacións oportunas e se restableza o dereito á xubilación parcial aos 60 anos para todos os colectivos. 

 E formación cara ao novo sistema de fabricación. Precisamos dunha formación profesional pública que permita a clase traballadora adaptarse a esta nova revolución industrial. 

 Ademais, instan a garantir a integración laboral das persoas con capacidades distintas na cota reserva das empresas para acabar coa precariedade e explotación das persoas con capacidades distintas subvencionada cos Centros Especiais de Emprego no sector da automoción galega. 

 Ao tempo que reclaman unha tarifa eléctrica galega, un novo marco regulador da enerxía máis xusto e estábel que faga a nosa industria máis competitiva, con prezos da enerxía menores aos do resto dos territorios do Estado por ser Galiza produtora excedentaria de enerxía. 

 Máis tamén un Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias en materia lexislativa, normativa e de regulación do mundo de traballo no noso país, co obxectivo de garantir unhas condicións laborais e salariais dignas para a clase traballadora galega.  

TURISMO

Xosé Merelles eloxia o labor dos cociñeiros galegos para encher a oferta turística das cidades e reforzar a calidade do destino 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na VIII Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia organizada por Turismo de Galicia


O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou onte na VIII Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia
Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou onte na VIII Gala Show Cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, organizada por Turismo de Galicia, onde puxo en valor o labor dos cociñeiros galegos para encher a oferta turística das cidades “e reforzar así a calidade do destino con propostas gastronómicas que son quen de atraer cada vez a máis visitantes”.  

 Durante o acto, Xosé Merelles puxo de manifesto a importancia que teñen os concursos de tapas celebrados durante o outono e inverno nas distintas cidades galegas como “importantes reclamos para o noso turismo”. Como dixo, o ano pasado o 46% do total da demanda hoteleira en Galicia correspondeu aos destinos urbanos especialmente fóra de temporada alta “e é importante que conten cunha oferta de calidade e diversificada”, expresou.  

 Durante a súa intervención, Xosé Merelles eloxiou esta iniciativa creada pola Xunta de Galicia “a partir da cultura da tapa, pequenos petiscos cheos de sabor e matices capaces de sorprender aos padais máis esixentes”. Tamén lembrou que esta é a oitava edición desta cita que non deixa de sorprender “en capacidade creativa da gastronomía galega e na calidade dos produtos”. O director de Turismo de Galicia agradeceu moi especialmente a participación dos sete chefs nesta acción así como o seu traballo que xunto coa calidade do produto galego, “elevan a nosa gastronomía a un nivel de ouro”.  

 Durante a gala deuse a coñecer o nome do mellor cociñeiro De Tapas por Galicia 2024, elixido entre os sete cociñeiros dos concursos de tapas celebrados o ano pasado nas sete cidades galegas. Tamén se contou coa presenza da xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte e as delegadas territoriais da Xunta na Coruña e Ferrol, Belén do Campo e Martina Aneiros e o delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo.  

Premio do xurado e popular 

 Entregouse o premio concedido por un xurado profesional e outro popular. Os concursantes foron Álvaro Pérez Blanco de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela) coa tapa Estamos como cabras; Manu Triay de Taberna Triay (A Coruña) con Donete recheo de cocido;Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol) con Recordos da miña nenez.  

 Tamén participaron desde Lugo  Bret Fernández,  de Prebe by Bret, coa tapa Xurel Black Coupage; Gabi Conde, de Restaurante Portovello (Ourense) con A Terma; Kevin Carreño, de Nikko Espacio Gastronómico (Vigo), con Nigiri de crokketa de carabineiro; e Daniel Carramal, de Loaira Xantar (Pontevedra) con trasmallos de neboeiro.  

Dous galardóns 

 Os sete cociñeiros disputaron por dous galardóns. Por unha banda, o premio do xurado profesional, que valorou cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor. Por outra, o premio do xurado popular, que se elixiu mediante un sistema de televotación.   

 Así, o premio do xurado profesional recaeu en Manu Triay, de Taberna Triay (A Coruña) con Donete recheo de cocido; e o premio do público foi para Adrián Pérez, de Sinxelo (Ferrol) con Recordos da miña nenez.   

 A cita enmárcase na estratexia que Turismo de Galicia desenvolve para promover este tipo de turismo cultural e de proximidade, a través da cooperación entre as empresas do sector, as asociacións e as institucións