10 de xul. de 2024

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE A GUARDA COMEZA UNHA NOVA ÉPOCA

Convocando unha asemblea xeral extraordinaria

Celebrarase o sábado 20 de xullo de 2024, ben na Casa dos Alonso, do concello, ben na praza do Reló, ás 16:00h en primeira convocatoria e ás 18:00h, en segunda convocatoria


Vista de A Guarda desde á ladeira norte do monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Logo de haber transcorrido uns 6 anos, nos que varias persoas viñan solicitando súa admisión como membros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda, sen que obtivesen, presuntamente, unha resposta axustada á Dereito, motivo polo cal ese controvertido asunto foi levado ao ámeto xudicial, e logo de ser ditada á correspondente sentencia, favorable as persoas que solicitaran súa admisión como comuneiras, e unha vez a devandita sentencia foi firme, foi celebrada - en maio de 2024 -, unha asemblea, na que foi acordada unha nova xunta reitora, que foi comunicada ao Rexistro provincial de Montes Veciñais en Man Común, de Pontevedra. A partires dese momento e logo de haber transcorrido varias semanas, comeza unha nova etapa. Dese xeito, o presidente da devandita xunta reitora, fixo pública á seguinte convocatoria:

A Guarda, 8 de xullo de 2024 

Estimados comuneiros e veciños da Guarda: 

 Por medio da presente, e de acordo ao establecido na lexislación vixente, así como nos estatutos da Comunidade de Montes en Man Común de A Guarda, convócase a Asemblea Xeral Extraordinaria da entidade, que se celebrará o sábado 20 de xullo de 2024, ben na Casa dos Alonso, do concello, ben na praza do Reló, ás 16:00h en primeira convocatoria e ás 18:00h, en segunda convocatoria, polo menos cos seguintes puntos do día: 

l . Explicación da actual situación da Comunidade de Montes de A Guarda, xestións realizadas desde a elección da actual Xunta Reitora e xestións pendentes a curto, medio e longo prazo. 

2. Tramitación de solicitudes de novos membros *  *, aprobación e recoñecemento da súa condición de comuneiro para aqueles que cumpran os requisitos*. Tramitación de posibles baixas. Actualización do censo de comuneiros. 

3. Creación de grupos de traballo. 

4. Establecer data para a convocatoria de Asembleas para a renovación dos Estatutos da Entidade, de modo que se axusten á Lexislación Vixente, e establecer así mesmo data para a elección dunha nova Xunta Reitora. 

5. Tratar a posibilidade de anexión da C.M. a agrupacións como AFG (Asociación forestal de Galicia), ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes), ou outras similares 

6. Preguntas, achegas, suxestións, rogos, propostas e outros.

 Solicítase máxima difusión desta convocatoria, de asistencia pública. Así mesmo, queda aberta a posibilidade de incorporar puntos do día á Asemblea a pedimento de calquera comuneiro; estes puntos do día poden introducirse o mesmo día da Asemblea, aínda que sería recomendable comunicalos antes á Xunta Reitora para poder tratalos coa máxima dilixencia.

 No enderezo electrónico montedaguardg@gmail.com recibirase por agora, tanto as solicitudes de altas ou baixas de comuneiros, como calquera outra comunicación que se desexe trasladar á Xunta Reitora e á Asemblea Xeral da entidade. 

 O presidente da Comunidade de Montes de A Guarda   

Daniel Alonso Pérez


* Residencia habitual na área da C.M da Guarda. maior de idade. e non duplicar representación da unidade económica e de consumo.   

* Para acreditar os requisitos requírese a presentación de fotocopia de certificado de empadroamento e solicitude de alta como comuneiro na Comunidade de Montes en Man Común de A Guarda.

Nota da Redacción de Infogauda

 Aínda que convocatoria da asemblea xeral extraordinaria recibímola redactada en castelán, decidimos traducila ao galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario