10 de xul. de 2024

TOMIÑO

Un espectáculo de humor para quen non gaña sempre, con Dani Blanco e unha nova edición do seu ‘Rogelio’  

Urdime chega a Tomiño con este espectáculo de circo, clown, malabares e música este xoves 11 ás 19.30 h na praza pintor Antonio Fernández, de Goián  




Infogauda / Tomiño 

 Goián quenta motores para unha tarde de humor e circo para toda a familia. Ao abeiro da programación cultural de verán, a praza Pintor Antonio Fernández converterase este xoves 11 de xullo, ás 19.30 horas - con entrada de balde - no escenario de ‘Un pallaso en recuperación’, unha nova entrega do Rogelio, do actor Dani Blanco que conquistará ao público cunha mestura de circo, clown, malabares, música e moito, moito humor para todos os públicos.  

 Un espectáculo de clown para as persoas que non gañan sempre, para as perdedoras, para aprender a rirse dun e dunha mesma, e superarse. Rogelio namorará ao público coa súa historia: tras case 20 anos encerrado na casa e tras sufrir acoso e despois de seguir terapia está no último paso, facer público o que máis lle gusta: a maxia.  

 Unha obra inesquecible que combina artes escénicas cunha historia que toca o corazón, dentro da triloxía coa que Urdime explora a soidade de Rogelio dun xeito único e cativador. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario