12 de xuño de 2024

A GUARDA

A ARMH do Campo de Concentración de Camposancos homenaxeará a Brasilino Álvarez Sobrino, último alcalde republicano da Guarda  

Será lugar o vindeiro sábado, 15 de xuño, ás 12:00 horas, no lugar da Figueira, barrio da Cruzada




Infogauda / A Guarda

 Coa colaboración da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F. e N. G.) e o Concello de A Guarda; a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás vai homenaxear a Brasilino Álvarez Sobrino (A Guarda, 1894 - Tui, 1936), último alcalde republicano da Guarda.   

 O día 15 de xuño de 1936, Brasilino Álvarez Sobrino tomaba posesión como alcalde da Guarda. Por iso os membros da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás elexiron a data do 15 de xuño de 2024 para honralo e lembrar a vida dun home bo, que por defender os seus ideais e ser leal á República, foi executado pola dictadura franquista.   

 O vindeiro sábado, 15 de xuño, ás 12:00 horas, no lugar da Figueira - Estrada Circunvalación, 78 -, onde estaba a casa na que naceu, no barrio da Cruzada, colocarase un monolito e unha placa para honrar a súa memoria. Ó remate do acto, a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa obsequiará ás personas asistentes cunha postal e un selo conmemorativos.   

 Con este acto a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás inicia unha serie de homenaxes para, nun futuro próximo,  lembrar e honrar a memoria das mulleres e dos homes da Guarda que sufriron persecución, represión e mesmo pagaron coa súa vida a mans da dictadura franquista.   

A GUARDA

TALLER PRÁCTICO PARA A INTRUCIÓN DE FERRAMENTAS DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Será o próximo martes 18 de xuño, de 16:30 a 18:30 horas, nas instalacións do Concello de A Guarda



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda colabora na organización dun taller práctico para a introdución de ferramentas de  Intelixencia Artificial (IA) para pemes, persoas autónomas e emprendedoras. O taller será o próximo martes 18 de xuño, de 16:30 a 18:30 horas, nas instalacións do Concello de A Guarda. 

 Durante as dúas horas de duración do taller, o relator Joaquín González exporá aos asistentes os diferentes beneficios destas ferramentas de Intelixencia Artificial e como usalas na súa actividade profesional diaria.

 A actividade ten carácter presencial e as inscricións xa están abertas.

O ROSAL

O Rosal impulsa o acollemento familiar cunha charla informativa  

Concello e Acougo organizan un encontro o vindeiro 18 de xuño ás 18.00 horas no Centro Social Polivalente  




Infogauda / O Rosal  

 Todos os nenos e nenas necesitan unha familia ou dúas. Baixo esa premisa, o Concello e a Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo, organizan unha charla aberta a todo o público de difusión e información sobre o acollemento familiar. Trátase da primeira actividade posta en marcha por ambas entidades tras a sinatura do convenio de colaboración para promover programas de atención, formación e difusión en materia de protección de menores, así como medidas específicas para o acollemento familiar.  

 A charla será o vindeiro martes 18 de xuño ás 18.00 horas no Centro Social Polivalente, que se converterá en punto de encontro para informar e sensibilizar á veciñanza sobre a relevancia co acollemento familiar para garantir o benestar dos nenos e nenas que o precisa. “Seguimos dando pequenos pasos para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e traballando en programas que teñan un impacto real na vida da cativada máis vulnerable”, salientou a concelleira de Benestar Social, Beatriz Rodríguez.  

 A entrada será de balde e haberá servizo de canguraxe para as persoas que o precisen. O servizo debe solicitarse previamente. As persoas interesadas deberán chamar aos teléfonos 986 625 000 ou 647 749 629, onde lles darán as indicacións para a solicitude do servizo de atención á cativada durante a charla.  

 A concelleira anima a todas as persoas interesadas a participar nesta iniciativa e a colaborar na creación dunha contorna máis seguira e acolledora para as e os menores. 

VILA NOVA DE CERVEIRA

Formalizado financiamento de 5.5ME para a recuperação do Bairro Social da Mata Velha 

   

A assinatura do termo de responsabilidade e aceitação, entre o Governo e o município, decorreu, esta quarta-feira, na sede da CCDR-N, com a presença do Ministro das Infraestruturas e Habitação, Miguel Pinto Luz, e do Ministro Adjunto e da Coesão Territorial, Castro Almeida

Foto: C.M. V. de C.



Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 O Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, assegurou, esta manhã, 5.5ME do Plano de Recuperação e Resiliência (PRR) para a reabilitação do Bairro Social da Mata Velha, e que vai beneficiar 53 agregados familiares. A assinatura do termo de responsabilidade e aceitação, entre o Governo e o município, ao abrigo do Concurso “Construir Portugal: Nova Estratégia para a Habitação”, decorreu, esta quarta-feira, na sede da CCDR-N, com a presença do Ministro das Infraestruturas e Habitação, Miguel Pinto Luz, e do Ministro Adjunto e da Coesão Territorial, Castro Almeida.     

 “Está dado mais um passo na concretização do compromisso assumido no início do mandato e que se prende com a definição e implementação de uma política habitacional abrangente e ambiciosa, dando resposta a vários problemas habitacionais previamente identificados”, explica o autarca cerveirense. Além desta formalização de habitação condigna, Rui Teixeira recorda “os sucessivos apoios na melhoria de habitações e que terão sequência na construção de outras alternativas de habitação, como ferramenta para conseguir atrair e fixar população no concelho”.  

 O contrato agora formalizado incide na  reabilitação profunda - interior e exterior - do Bairro Social da Mata Velha, propriedade municipal em regime de arrendamento, beneficiando 53 agregados familiares, num investimento a rondar os 5.5ME. Volvidas mais de duas décadas da sua construção, constata-se que este parque habitacional municipal já não reúne as devidas condições, inscrevendo-se nos critérios de situação de habitação indigna, necessitando de trabalhos de melhoramento no âmbito da eficiência energética e na adaptação e melhoria da acessibilidade dos espaços internos.     

 De sublinhar que esta intervenção é uma das soluções habitacionais consideradas prioritárias no aditamento ao Acordo de Colaboração para a Estratégia Local de Habitação de Cerveira, no âmbito do 1º Direito, assinado, em novembro de 2023, entre o Município cerveirense e o Instituto da Habitação e da Reabilitação Urbana (IHRU), com homologação do Ministério da Habitação. O investimento RE-CO-Io2 insere-se no Programa de Apoio ao Acesso à Habitação - Componente 02 – Habitação do Plano de Recuperação e Resiliência (PRR).   

TOMIÑO

Música en directo entre plantas na Feira de Cultivos do Baixo Miño  

Concello e acuBam preparan un evento cunha ampla programación de lecer na que destacará a aposta por un sector agro verde e sustentable  

Do 14 ao 16 de xuño na Praza Pintor Antonio Fernández, de Goián  




Infogauda / Tomiño   

 A Feira de Cultivos do Baixo Miño moverase ao ritmo da música en directo. Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e Concello de Tomiño ultiman os detalles dunha programación deseñada para que o público asistente desfrute nun ambiente único das plantas, do sector agro e dos cinco concertos previstos para gozar dos tres días de feira.  

 As sesións vermú converteranse no momento perfecto para desfrutar da Feira de Cultivos do Baixo Miño ao son da mellor música. O sábado 15 Two in the mirror será o grupo encargado de amenizar a sesión matinal co seu pop, soul, jazz e funk ás 13.30 horas, mentres que o domingo 16 a o rock acústico de Awen soará na Praza Pintor Antonio Fernández, de Goián. 

 Non serán os únicos concertos da Feira de Cultivos do Baixo Miño. A feira inaugurará a súa parte máis musical o venres 14 ás 22.30 horas co gran concerto de La Patrulla, un grupo vibrante e enérxico que conquistará ao público coa súa fusión de versións excepcionais con composicións orixinais. O sábado 15, ás 22.00 horas saltará sobre o escenario San Rockers cun amplo repertorio das cancións máis influíntes do pop rock español. 

 A Feira de Cultivos baixará o pano da súa décimo novena edición co concerto de Somoza Trío, unha banda que leva por bandera o entretemento a través da música. A Feira de Cultivos rematará ademais venres e sábado cun despois da feira nos locais de Goián. Vaya punto, Avenida, Atalaya, Novo punto, Vello París e a cantina do Centro Goianés abrirán as súas portas para que o público poida seguir gozando dun momento agradable tomando algo na mellor compañía.   

TOMIÑO

A primavera remata no Mercado de Tomiño cun obradoiro de reaproveitamento alimentario  

Tania Alves, do Fogón do Mercado, impartirá este taller o vindeiro mércores 19 de xuño de 11.00 a 13.00 horas  

Abertas as inscricións na web do mercado  




Infogauda / Tomiño  

 O Mercado de Tomiño pon punto e final á primavera compartindo experiencias e coñecemento. A vindeira semana acolle a celebración do terceiro taller da programación trimestral posta en marcha pola Asociación de Praceiros e Praceiras do Mercado de Tomiño en colaboración co Concello para achegar a praza de abastos e os seus postos ao público dun xeito diferente e dinámico.  

 No camiño pola posta en valor dos produtos locais e de calidade, o vindeiro mércores 19 de xuño, o público porase mans á masa co obradoiro de reaproveitamento alimentario impartido por Tania Alves, do Fogón do Mercado. Un taller aberto a todos os públicos no que as e os participantes aprenderán técnicas e estratexias para reducir o desperdicio de alimentos nos fogares, aproveitando ao máximo e dun xeito creativo os restos de comida. 

 O taller terá un total de tres horas de duración, impartirase de 11.00 a 13.00 horas e está aberto a todos os públicos. O obradoiro terá un custe de 10 euros por persoa e todas aquelas interesadas en participar poden xa inscribirse a través do formulario habilitado na web do Mercado. 

TUI

Experiencia única de convivencia do alumnado de 6º EP de sete colexios tudenses na Aloiada 2024

Celebrarase este xoves e o venres, no Galiñeiro, o parque natural monte Aloia e o río Miño


O alcalde de Tui e a concelleira de Ensino, coas directoras/es dos sete centros participantes, na presentación do evento
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Preto de 200 persoas, entre alumnado e profesorado, participarán mañá xoves e o venres na Aloiada 2024, unha iniciativa xurdida hai máis de 15 anos que brinda dúas xornadas de convivencia entre o alumnado de 6º de Primaria en espazos naturais do municipio.  

 Esta iniciativa foi presentada este mediodía na casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e polos directores e directoras dos sete centros participantes, Manuel Fálquez do CEIP de Pazos de Reis, Nuria Garabal do CEIP Nº1, Ramiro García do CEIP Nº2, Nerea Castro do CEIP de Rebordáns, Manuel González do CEIP de Caldelas, Lydia Arnoso do CEIP de Guillarei e Roberto Díez, do CPR Sta Mª Maristas.  

 O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou ao profesorado polo seu traballo e compromiso co ensino sinalando que “os poderes públicos temos o deber de especial coidado e de protección co ensino e co ensino público”. Dicía “o concello non pode ser alleo a organización deste evento que achega ao alumnado a espazos naturais do municipio, xa que temos o privilexio de ser un dos concellos de Galicia que ten máis espazo protexido por quilómetro cadrado, temos o Parque Natural Monte Aloia e unha rede importante de Rede Natura vinculada ao ámbito Río Miño, que son dous espazos que van ocupar a actividade desta Aloiada”. O coñecemento destas zonas, dicía, contribuirá a valorar e respectar este medio natural.  

 A concelleira de Ensino Sonsoles Vicente, salientou que a Aloiada é “unha experiencia única”, na provincia, de convivencia entre o alumnado de 6º de Primaria de sete centros educativos que logo se atopará nos institutos. Engadiu que nestas dúas xornadas alumnos e alumnas convivirán e disfrutarán das actividades previstas. Deu os parabéns aos colexios participantes polo seu traballo e esforzo.  

 O director do CEIP de Pazos de Reis, Manuel Fálquez, foi o encargado de explicar o programa previsto que sufriu cambios debido á previsión de choiva para mañá xoves á noite a mañá do venres, polo que este ano os participantes non durmirán no Aloia.  

 Comezarán mañá xoves ás 9 h no Monte Galiñeiro onde participarán en obradoiros de escalada, nós, orientación, primeiros auxilios,…, coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e o grupo Scouts Alhoia. para logo realizar unha andaina até o Parque Natural Monte Aloia. A actividade retomarase o venres ás 16 h na rúa Olímpicos Tudenses, a carón dos centros municipais de remo e piragüismo, onde o alumnado realizará actividades acuáticas coa colaboración da empresa VerdeAzul, para rematar compartindo unha merenda. Xa no pavillón do CEIP nº2 terá lugar, ás 19 h, a despedida da Aloiada 2024 tras dúas xornadas de convivencia e experiencias entre os 160 alumnos e alumnas e os 40 profesores e profesoras que participan nesta edicións.  Unha iniciativa que é posible grazas tamén á colaboración de distintas casas comerciais.

VALENÇA DO MINHO

Valença “Vinhos do Atlântico – Exposição do Noroeste” 

Este fim de semana 

 



Vitor Salvador / Valença do Minho

 Valença vai ser o palco para a exposição transfronteiriça de vinhos “Vinhos do Atlântico – Exposição do Noroeste”, no fim de semana de 14 e 15 de junho, na Coroada – Fortaleza.  

 Vinhos conceituados de Valença, de todo o Minho e da Galiza marcam encontro nesta primeira edição deste evento que pretende ser diferenciador na mostra, prova, experiência e compra de vinhos do Noroeste da Península Ibérica. Aqui estarão vinhos genuínos, a sabedoria ancestral, aqueles que representam o terroir, a autenticidade e a diversidade das Rias Baixas e dos Vinhos verdes do Minho. A gastronomia da região, também, marcará presença no evento com uma ampla oferta de paladares com tradição e inovação.  

 Aos vinhos junta-se uma programação cultural rica e diversificada com cartaz musical eclético sob a égide de músicas do mundo. Esta mostra vínica, com vinhos, produtores, enólogos, críticos, revistas da especialidade, proporcionará, ainda, uma Gala, na qual terá lugar a apresentação das referências vínicas designadas por um conselho de provadores, como Embaixadores dos Vinhos do Atlântico.  

Roteiro Passaportes dos Vinhos  

 No âmbito do evento, o Passaporte Vinhos do Atlântico vai proporcionar experiências vínicas seguindo uma visita guiada à Fortaleza, com paragens e provas de vinhos em locais referência e emblemáticos do centro histórico valenciano. Esta iniciativa decorrerá sábado, 15 de junho, entre as 16h e as 18h30, com início no Arquivo Municipal. A participação é gratuita, estando sujeita a inscrição prévia, no formulário online: https://forms.gle/9PvoKZnpYd5WBBuXA.  

 O evento estará aberto ao público, com entrada gratuita, no fim de semana de 14 e 15 de junho, das 19h às 24h  

Músicas do Mundo em Valença  

 A animação musical decorrerá entre as 21h15 e as 24h00 com duas bandas por noite, dos géneros Blues, Soul, Rythm & Blues e Músicas dos Mundo.  

14 de junho – sexta feira  

21h15 Ana Cris – PT (Músicas do Mundo)  

22h30 Lene Soul Band – IT (Soul)   

15 de junho – sábado  

21h15 Jay Doe & Blues Preachers – ES (Blues)  

22h30 Wax & Boogie – Rhythm & Blues Projects – ES (Quarteto R&B)

SALVATERRA DEL MIÑO

A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias levan ata o IES de Salvaterra “O impacto das sustancias cotiás no noso material xenético” 

A conferencia, enmarcada no ciclo Aida Fernández Ríos, terá lugar este xoves, ás 11:30 horas no centro educativo e será impartida por Vanessa Valdiglesias, profesora titular de Xenética e coordinadora do Grupo de Investigación en Nanotoxicoloxía do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Universidade da Coruña




Infogauda / Salvaterra de Miño

 O ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos, que promoven a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias, chegará este xoves ao IES de Salvaterra coa conferencia “O impacto das sustancias cotiás no noso material xenético”. A conferencia será impartida ás 11:30 horas por Vanessa Valdiglesias, profesora titular de Xenética e coordinadora do Grupo de Investigación en Nanotoxicoloxía e Toxicoloxía Xenética do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Universidade da Coruña.  

 Algunhas patoloxías, entre elas o cancro, están causadas por cambios xenéticos que alteran o funcionamento normal das células. Algúns destes cambios, tal e como explicará Valdiglesias, ocorren de forma natural por erros en procesos celulares, pero outros prodúcense como consecuencia de exposicións a distintos axentes químicos, físicos ou biolóxicos, e poden alterar o ADN. Con esta charla, preténdese achegar ao alumnado, dunha forma dinámica e amena, o mundo da toxicoloxía xenética e salientar a importancia do estudo dos efectos nocivos destes axentes sobre a saúde e o medio, así como o impacto dos distintos compostos sobre o material xenético e a súa relación con distintas enfermidades.  

 A charla “O impacto das sustancias cotiás no noso material xenético” completa as conferencias do ciclo Aida Fernández Ríos dirixidas a centros educativos organizadas neste 2024, tralo seu paso polo IES O Carril (Vilagarcía de Arousa) con  “Explanetas e a nova ciencia da Astrobioloxía”; polo IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) con “Ser ou non ser hacker e o dilema dos sombreiros” e polo IES Illa de Tambo (Marín) con “A intelixencia artificial nas nosas vidas”. Ademais destas charlas en centros educativos, o ciclo, liderado pola Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias, organizou tamén este ano conferencias dirixidas á cidadanía en xeral centradas nos avances en epidemioloxía, no benestar psicolóxico, na economía oceánica sostible, na intelixencia artificial e o procesamento da linguaxe, nas escavacións paleontolóxicas en Galicia e na inmunoterapia e o cancro.  

PONTEVEDRA

Na provincia están a executarse 17 proxectos en 15 concellos por un valor de 12M€ 

Abel Losada informa aos concellos da provincia de que poden solicitar unha prórroga para executar as obras da Liña 1 do PIREP Local  

 O prazo de xustificación para a execución destas subvencións, destinadas á rehabilitación de edificios municipais, remata o 30 de setembro 

 Na área de Vigo estanse a desenvolver 7 proxectos, 5 en Pontevedra, 2 no Condado-Paradanta, outros 2 no Salnés e 1 no Deza 


 Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra
Foto: S. de G.

Infogauda / Pontevedra 

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, anunciou esta mañá que, desde hoxe, todos os Concellos que desexen ampliar o prazo de xustificación dos proxectos subvencionados na Liña 1 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos de entidades locais (PIREP Local) poderán solicitar unha prórroga ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (MIVAU). Aínda que en liñas xerais o programa avanza a bo ritmo e o Goberno espera que as entidades locais cumpran cos prazos de execución previstos, todos os beneficiarios que desexen solicitar unha ampliación do prazo de xustificación para a execución das subvencións da Liña 1, que conclúe o 30 de setembro, poderán facelo”.  

 O subdelegado explicou que o Ministerio é consciente das dificultades dalgúns Concellos para dar cumprimento á finalización das obras, “polo que estudiará a situación de maneira individualizada e caso por caso, para ofrecer ás entidades locais a posibilidade de solicitar unha ampliación motivada dese prazo”.  

 O prazo de solicitude das prórrogas permanecerá aberto desde hoxe e ata o próximo 30 de setembro. A petición deberá realizarse a través dun modelo de solicitude que estará dispoñible na sede electrónica de MIVAU. O subdelegado incidiu en que “todas as solicitudes serán estudadas unha a unha polo Ministerio, que as resolverá de forma motivada”.  Así mesmo, Abel Losada explicou que nos próximos días o Ministerio convocará unha reunión multilateral con todos os concellos interesados para facilitar detalles e atender calquera consulta que queiran realizar. O obxectivo do Ministerio, incidiu, é “estar a disposición dos Concellos e entidades locais para darlles soporte, acompañalos e axudarlles no que estea da súa man co obxectivo de que as actuacións contempladas no PIREP saian adiante”.

17 proxectos en 15 municipios da provincia 

 Abel Losada lembrou que o PIREP Local é un Programa para mellorar a eficiencia enerxética e a accesibilidade dos edificios de titularidade municipal que conta con diferentes liñas de axuda. En total, 17 proxectos en 15 municipios da provincia resultaron beneficiarios da Liña 1 deste programa. Por comarcas, na área de Vigo estanse a desenvolver 7 proxectos que recibiron 3,8M€ en axudas; en Pontevedra, 5, cunha financiación superior aos 5M€; no Condado-Paradanta, 2, cunha aportación de case 1M€; no Salnés outros 2, por 1,8M€, e no Deza, 1, que recibiu unha subvención de 1,1M€. En total, os concellos da provincia recibiron más de 12 millóns de euros procedentes desta liña de axudas.




 Por último, o subdelegado incidiu en que “é importante que as actuacións do PIREP non se retarden para poder cumprir co prazo comprometido con Europa”. 

 As diferentes convocatorias do Programa na provincia permitiron financiar 49 actuacións en 22 concellos, que recibiron axudas por un valor de 39 millóns de euros. Estes investimentos permiten rehabilitar edificios que dan servizo á cidadanía, como son colexios, polideportivos, centros de saúde e resto de instalacións municipais, contribuíndo a mellorar o patrimonio público e a dar cumprimento a Axenda Urbana.

MADRID

Campaña de Verano de Seguridad Náutica 

Transportes advierte de la importancia de la alerta temprana para salvar la vida ante una emergencia en el mar 

El lema de la campaña para este año es ‘Una alerta a tiempo es tu mejor salvavidas’ y trata de concienciar sobre la necesidad de tener a mano y operativos en las embarcaciones de recreo todos los elementos que facilitan la alerta ante un accidente. 

La campaña, promovida conjuntamente por la Dirección General de la Marina Mercante y Salvamento Marítimo, y en colaboración con la Guardia Civil y la Asociación Nacional de Empresas Náuticas (ANEN), se difundirá entre el 15 de junio y el 15 de septiembre en redes sociales. 

Las campañas del Ministerio consiguen su objetivo: en 2023, las actividades náuticas concentraron el 48% de las emergencias atendidas durante el verano, 7 puntos menos que el anterior.

 


 

Redacción / Madrid

 El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible pone el foco en la alerta temprana como factor clave ante una emergencia marítima en la Campaña de Verano de Seguridad en la Náutica de Recreo de este año. La campaña transmite un mensaje simple y claro: es vital tener a mano todos los medios para hacer una llamada de emergencia, ya que cuanto antes se avise, mejor será la respuesta y mayores las posibilidades de éxito. También recuerda que, aunque el teléfono móvil es esencial para emergencias, la cobertura puede fallar en el mar, por lo que recomienda el uso de la radio VHF en el canal 16. 

 Bajo el lema ‘Una alerta a tiempo es tu mejor salvavidas’, la Dirección General de la Marina Mercante y Salvamento Marítimo, promotores de la campaña, aportan recomendaciones para reducir el porcentaje de las emergencias que se producen a través de acciones simples como: consultar la previsión meteorológica, comprobar que el tanque de combustible está lleno y hay suficiente para toda la travesía, disponer de      chalecos salvavidas para todos los navegantes y revisar todos los elementos de seguridad de la embarcación a la hora de partir, incluido el motor. De esta manera, el objetivo es prevenir emergencias y garantizar el disfrute en el mar sin sobresaltos. 

 El secretario general de Transportes Aéreo y Marítimo, Benito Núñez, ha presidido el acto de presentación de esta campaña, celebrado hoy en Baiona y en el que también han intervenido el director general de la Marina Mercante, Gustavo Santana; el jefe de Costas y Policía Marítima de la Guardia Civil, general Javier Moscoso; el director de Salvamento Marítimo, José Luis García Lena y el asesor jurídico e institucional de ANEN, Carlos Sanlorenzo. 

 Núñez ha resaltado la importancia de que la campaña cuente con la colaboración de la Guardia Civil y ANEN, “porque es responsabilidad de todos garantizar la seguridad en el mar y concienciar sobre el cumplimiento de las normas”. También ha recordado los esfuerzos del Ministerio en el sector de la náutica de recreo, donde se está trabajando para unificar en un solo reglamento toda la normativa relacionada con esta actividad, dispersa ahora en más de 10 documentos. 

 Por otra parte, el director general de la Marina Mercante, Gustavo Santana, ha destacado que las campañas de concienciación funcionan. Prueba de ello es que las emergencias atendidas por Salvamento Marítimo relacionadas con la náutica de recreo descendieron en 7 puntos en el verano de 2023 (48%), con respecto a las cifras de 2022 (55%). “El porcentaje sigue siendo muy alto y debemos trabajar de forma conjunta para continuar reduciendo cifras de emergencias en un sector que cada vez tiene más importancia a nivel turístico y, por ende, a nivel económico para nuestro país, sin olvidar que la navegación debe someterse a las normas medioambientales y de prevención de la contaminación establecidas en el entorno marítimo”. 

Difusión de la campaña en redes sociales 

 La Campaña de Verano de Seguridad en la Náutica de Recreo de este año está basada en las experiencias de quienes se dedican a la gestión y atención de las emergencias marítimas, que coinciden en que una alerta temprana es la mejor garantía para salvar la vida en situaciones de peligro. Para ello, incide en la importancia de disponer de un servicio de radio operativo, con conexión al canal 16 de VHF o, en su caso, un dispositivo DSC.      

 Un mensaje importante de destacar para un sector que crece anualmente, pues cada vez son más los ciudadanos que eligen cada verano pasar sus vacaciones a bordo de una embarcación de recreo. Para la difusión de la campaña, se utilizarán las redes sociales, principalmente los canales de X e Instagram del Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible (@transportesgob) y de Salvamento Marítimo (@salvamentogob). Para identificar la campaña de 2024 se ha establecido la nueva etiqueta #Sálvate, que resume el lema de esta edición y se suma a los utilizados en campañas anteriores, como #DisfrutaSeguro, #SeguridadNautica o #Riesgos0

 Las páginas web del Ministerio y de Salvamento también serán un soporte de difusión y consulta, ya que los usuarios podrán descargarse una Guía con recomendaciones de náutica de recreo y una infografía con los ‘imprescindibles’ a la hora de navegar, además de un vídeo que muestra las posibles consecuencias de una mala previsión.  

Las cifras globales en las emergencias de náutica de recreo 

 Durante la presentación de la campaña, el responsable de Salvamento Marítimo, José Luis García Lena, ha dado cuenta de las cifras globales en emergencias en náutica de recreo: el verano pasado se atendieron un total de 1.778 emergencias relacionadas con actividades náuticas: 1.428 con implicación de embarcaciones de recreo y otras 350 con actividades deportivas y recreativas. Se vieron afectadas 4.112 personas. 

 En la comunidad autónoma de Galicia, donde se ha celebrado el acto central de presentación de la campaña, se atendieron a 187 personas -80 de ellas en el entorno de Vigo- en emergencias asociadas a un total de 76 embarcaciones de recreo -31 en la zona de Vigo- y a 41 personas relacionadas con otras actividades náuticas de recreo. 

 Continuando con los datos, el jefe de Costas y Policía Marítima de la Guardia Civil ha informado que la reducción de emergencias también se ha traducido en una reducción de infracciones y propuestas para sanción. En 2023 se llevaron a cabo un total de 3.830 inspecciones en embarcaciones deportivas y de recreo frente a las 4.353 que se realizaron durante el año 2022. El número de inspecciones también se redujo en relación con las motos náuticas pasando de 3.244 inspecciones en el año 2022 a 2.703 inspecciones en el año 2023. “De los datos se deduce que      los usuarios están más concienciados en términos generales en cuanto al incremento de la seguridad en la navegación y en la prevención de accidentes”, ha determinado. 

 Las Capitanías Marítimas de la Dirección General de la Marina Mercante resolvieron en 2023 un total 1.022 procedimientos sancionadores relativos a infracciones cometidas por embarcaciones de recreo y 449 procedimientos sancionadores en los que estuvo involucrada una moto náutica. La cantidad recaudada por las sanciones impuestas en estos procedimientos asciende a 1.187.223 euros en el caso de las embarcaciones de recreo y a 522.378 euros en el de motos náuticas. 

 El portavoz de ANEN mostró la disposición de las asociaciones de empresas náuticas de continuar con la curva descendente en materia de emergencias e infracciones.  


PONTEVEDRA

Ante o aumento alarmante da incidencia das ITS en mozas    

O COLEXIO DE FARMACÉUTICOS DE PONTEVEDRA  EN COLABORACIÓN COA  DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA ORGANIZA UNHA XORNADA DE FORMACIÓN SOBRE INFECCIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL    

O obxectivo da Xornada é profundar e actualizar os coñecementos dos profesionais farmacéuticos sobre esta materia    

No transcurso da Xornada presentarase unha campaña sanitaria en farmacias de Pontevedra organizada polo COFPO para concienciar aos mozos sobre a necesidade de protexerse das ITS    

Infogauda / Pontevedra  

 O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, organizou para a tarde hoxe a Xornada de Formación en Infeccións de Transmisión Sexual  (ITS).    

 Nela intervirán diversos profesionais sanitarios tanto da Dirección Xeral de Saúde Pública, como farmacéuticos e médicos especialistas neste tipo de infeccións, co obxectivo de actualizar os coñecementos dos farmacéuticos en materia de infeccións e enfermidades de transmisión sexual. A Xornada está dirixida tanto a farmacéuticos comunitarios como a farmacéuticos doutros ámbitos de exercicio profesional en contacto co paciente.    

 A presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Beatriz Iglesias, comenta que esta iniciativa xurdiu no seo da institución ao estudar os alarmantes datos da OMS, que revelan que cada día máis dun millón de persoas contraen unha ITS o que se relaciona, entre outros factores, cun aumento crecente das prácticas sexuais de risco e unha falta de educación sanitaria nesta materia, especialmente en persoas mozas.    

 “Ante un problema de educación sanitaria, é case obrigado que interveña o farmacéutico, por ser un profesional sanitario altamente cualificado para informar e educar sobre enfermidades e como previlas”, sinala a presidenta.    

 Neste contexto, o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra deseñou un proxecto cuxo obxectivo principal é ofrecer á poboación, especialmente aos mozos, información sobre ITS e a forma de previlas. “Contactamos coa directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, que se interesou polo proxecto e colaborou xunto co seu equipo na organización desta Xornada. A súa contribución enriqueceu moito a formación polos seus amplos coñecementos sobre a materia e o manexo dos datos que nos van a transmitir”, expón Beatriz García.    

 A Xornada celebrarase na sede de Pontevedra do Colexio hoxe mércores 12 de xuño en horario de 16.30 h a 20.30 h e retransmitirase en directo na sede de Vigo do Colexio.     

 Nela presentarase a segunda fase do proxecto, unha Campaña Sanitaria deseñada para chamar a atención da poboación sobre o incremento de ITS, que se desenvolverá nas farmacias da provincia de Pontevedra por ser o mellor altofalante para chegar á poboación que ten contacto cos mozos, como as súas nais, pais ou educadores.    

 O programa da xornada é o seguinte:    

16.30 h a 16.40 h.- Presentación da Xornada a cargo de Carmen Durán Parrondo, directora xeral de Saúde Pública e Beatriz García Iglesias, presidenta do COF de Pontevedra    

16.40 h a 17.05 h.- Epidemioloxía das ITS en Galicia. Definición e breve historia das ITS. A magnitude das ITS e as súas tendencias epidemiolóxicas:  Datos mundiais, de España e de Galicia  

Relatora: Sonia Touceda Taboada. Farmacéutica especialista en Análises Clínicas.  Xefa de Sección do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles da Dirección Xeral de Saúde Pública      

17.05 a 17.30 h.- Políticas de control de ITS en Galicia  

Relator: Rogelio Lema Mougán. Médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Técnico do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles da Dirección Xeral de Saúde Pública    

 17.30 a 18.15 h.-Microbioloxía e Parasitoloxía dos axentes etiolóxicos das  ITS: probas de laboratorio  

 Relatora: María José Fernández Soneira. Farmacéutica especialista en Microbioloxía. Servizo de Microbioloxía Hospital Povisa, Vigo    

18.15 a 18.30 h.- Descanso en ambas as sedes     

18.30 a 19.30 h.- Clínica das ITS: sintomatoloxía, diagnóstico, tratamento e prevención. O problema do estigma, a discriminación e a confidencialidade no manexo das ITS. Atención a persoas vulnerables   

Relator: Antonio Ocampo Hermida. Médico do Servizo de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (C.H.Ou Vigo)    

19.30 a 20.00 h.- A farmacia comunitaria como referente en asesoramento e educación sanitaria respecto das ITS como problema de saúde pública 

Relatores: José Antonio Fornos Pérez. Farmacéutico comunitario en Cangas. Vogal de Docencia e Investigación do COF de Pontevedra e Lucía Segovia Cobreros, farmacéutica. Responsable do Departamento Profesional do COF de Pontevedra    

20.00 a 20.30 h.- Presentación da Campaña Sanitaria en Farmacias e do Proxecto de Educación para a saúde sobre ITS nos centros educativos da provincia de Pontevedra por parte de farmacéuticos do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra en Colaboración coa DXSP, Consellería  de Educación e os equipos directivos dos centros educativos  

 Relatora: Beatriz García Iglesias. Presidenta do COF de Pontevedra               

ECONOMÍA

O sector da limpeza de edificios e locais mobilízase en Vigo, Vilagarcía e A Coruña en demanda de convenios dignos 


As traballadoras/es mobilizáronse este mércores en Vigo, Vilagarcía e a cidade herculina para demandar uns convenios colectivos dignos e enfrontar as posturas regresivas da patronal

Foto: CIG

Infogauda / Vigo / A Coruña 

 O sector da limpeza de edificios e locais das provincias de Pontevedra e da Coruña está en loita por unha mellora real das condicións salariais e laborais. As traballadoras/es mobilizáronse este mércores en Vigo, Vilagarcía e a cidade herculina para demandar uns convenios colectivos dignos e enfrontar as posturas regresivas da patronal. Nas protestas xa se avanzou unha intensificación da conflitividade á volta do verán incluso coa convocatoria de folga. 

 Na provincia de Pontevedra as conversas para renovar o convenio romperon en abril tras 16 xuntanzas porque o empresariado insistía nunha suba de soldos insuficiente e negábase a reducir a xornada laboral e a incluír a cláusula de revisión salarial a IPC. As traballadoras/es reclaman un aumento de soldos do 3,5% para 2023 e dun 4% para 2024 e 2025, con cláusula de revisión para non perder poder adquisitivo. Mentres que a patronal ofrece un 3,1%, 3% e 3%, pero sen revisión salarial. 

 Por iso o mes pasado decidiron comezar un calendario de mobilizacións diante das sedes de distintas empresas, que hoxe trasladaron ás portas de Stellantis en Vigo. Dende alí arrincou unha nutrida manifestación até a rotonda de Castrelos, que rematou de novo na fábrica de automoción tras dar a volta na rotonda que une a avenida de Balaídos con Navia. En Vilagarcía tamén houbo concentracións, tanto no exterior do Hospital Comarcal do Salnés como ás portas do Concello. 

 Na CIG agardan que a mediación do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA)  prevista para este luns 17 de xuño en Vigo permita avanzar na negociación, xa que do contrario auguran un “outono quente” con novas protestas e convocatoria de folga, “porque non pode ser que o empresariado non teña nin o detalle de compensar todo o que padeceron as compañeiras/os do sector durante a pandemia”.  

Unha fregona xigante en María Pita 

 Na Coruña, un grupo de traballadoras/es concentráronse na Praza de María Pita onde instalaron unha fregona amarela (xa convertida en símbolo das súas reivindicacións) nun formato "tan grande como a nosa capacidade de loita". A protesta desenvólvese coa vista posta no inicio da negociación do novo convenio e ante a perspectiva "de que as patronais non van ter disposición a dar absolutamente nada".  

 O representante da CIG na mesa do convenio, Paulo Rubido, lembrou que o sector tivo que iniciar mobilizacións e presentar demanda de conflito colectivo para que ASPEL, a asociación patronal estatal, aceptara aplicar a cláusula de revisión salarial recollida no anterior convenio provincial (que rematou a 31/12/2023). Unha suba das táboas do 9,8% (pola diferenza dos incrementos pactados durante os anos de vixencia e o IPC) que hoxe mesmo foi publicada no BOP e que, subliña, constitúe "a revisión salarial máis alta nunca conseguida até a data en ningún convenio da limpeza".  

 Rubido salientou que esta primeira vitoria sindical -que supuxo a retirada da demanda presentada no TSXG por CIG e UGT- foi posíbel pola combinación de acción sindical e da acción xudicial e sobre todo, pola disposición a pelexar demostrada polas traballadoras. Neste senso, advertiu que o sector enfronta unha batalla longa e dura tras do anuncio da patronal de bloquear a actualización do convenio durante un período de tres ou catro anos, "porque entenden que xa subiron os salarios".  

 Neste contexto, a parte social defenderá iniciar as negociacións do novo convenio en setembro próximo "e no caso de que a  patronal non se aveña, convocaremos mobilizacións e folga, porque o persoal deste sector, altamente feminizado, precarizado e con moita parcialidade, non quere ser escravo da súa miseria".