12 de xuño de 2024

A GUARDA

A ARMH do Campo de Concentración de Camposancos homenaxeará a Brasilino Álvarez Sobrino, último alcalde republicano da Guarda  

Será lugar o vindeiro sábado, 15 de xuño, ás 12:00 horas, no lugar da Figueira, barrio da Cruzada




Infogauda / A Guarda

 Coa colaboración da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F. e N. G.) e o Concello de A Guarda; a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás vai homenaxear a Brasilino Álvarez Sobrino (A Guarda, 1894 - Tui, 1936), último alcalde republicano da Guarda.   

 O día 15 de xuño de 1936, Brasilino Álvarez Sobrino tomaba posesión como alcalde da Guarda. Por iso os membros da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás elexiron a data do 15 de xuño de 2024 para honralo e lembrar a vida dun home bo, que por defender os seus ideais e ser leal á República, foi executado pola dictadura franquista.   

 O vindeiro sábado, 15 de xuño, ás 12:00 horas, no lugar da Figueira - Estrada Circunvalación, 78 -, onde estaba a casa na que naceu, no barrio da Cruzada, colocarase un monolito e unha placa para honrar a súa memoria. Ó remate do acto, a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa obsequiará ás personas asistentes cunha postal e un selo conmemorativos.   

 Con este acto a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás inicia unha serie de homenaxes para, nun futuro próximo,  lembrar e honrar a memoria das mulleres e dos homes da Guarda que sufriron persecución, represión e mesmo pagaron coa súa vida a mans da dictadura franquista.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario