12 de xuño de 2024

A GUARDA

TALLER PRÁCTICO PARA A INTRUCIÓN DE FERRAMENTAS DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Será o próximo martes 18 de xuño, de 16:30 a 18:30 horas, nas instalacións do Concello de A Guarda



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda colabora na organización dun taller práctico para a introdución de ferramentas de  Intelixencia Artificial (IA) para pemes, persoas autónomas e emprendedoras. O taller será o próximo martes 18 de xuño, de 16:30 a 18:30 horas, nas instalacións do Concello de A Guarda. 

 Durante as dúas horas de duración do taller, o relator Joaquín González exporá aos asistentes os diferentes beneficios destas ferramentas de Intelixencia Artificial e como usalas na súa actividade profesional diaria.

 A actividade ten carácter presencial e as inscricións xa están abertas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario