12 de dec. de 2024

TOMIÑO

O Concello organiza o domingo 15 de decembro a primeira “Papanoelada Moteira” con fins solidarios  

 Ao final da ruta, haberá chocolate quente de balde para todos os e as participantes, e caramelos para os nenos e nenas   

 O obxectivo é recoller alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño

  


Infogauda / Tomiño 

 A Concellería de Mocidade, lecer e participación veciñal, que dirixe Agustín González, organiza para o vindeiro domingo, 15 de decembro, a que será a “I Papanoelada Moteira”, con fins solidarios. Trátase de efectuar unha recollida de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño, e caramelos para os nenos e nenas das distintas parroquias tomiñesas. Ao finalizar o percorrido, haberá chocolate para todos os participantes, mentres que as persoas que asistan a ver o evento, poderán mercalo por prezos populares.  

 A saída terá lugar ás 15.30 horas desde o Polígono de Forcadela (Estrada Tui-A Guarda). Para poder participar na proba, todos os moteiros e acompañantes terán que levar a traxe de Papá Noel, sendo imprescindible este requisito. O percorrido terá uns 30 Km., pasando polas parroquias de Forcadela, Goián, Tebra e Tomiño Centro.  

 As persoas que asistan como público, terán que achegar, polo menos, 1 Kg. de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño; organización sen fins de lucro, que fai chegar a comida ás familias menos favorecidas. A saída, os/as axudantes de Papá Noel repartirán caramelos para todas as nenas e nenos que asistan.  

 Na xornada contaremos coa colaboración da Comparsa Estrelas da Noite, de Tomiño, que amenizará a xornada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario